[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 26 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Servizos » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios » Proxectos finalizados » Proxectos artigo 6 do regulamento FSE

Páxina [1] 2
DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Artigo 6 do Fondo Social Europeo

O Fondo Social Europeo (FSE), a través das coñecidas “medidas do Artigo 6”, apoia accións innovadoras que intenten promover novas propostas e determinar exemplos de boas prácticas que poidan mellorar posteriormente a realización das operacións apoiadas polo Fondo Social Europeo.

O valor engadido das medidas innovadoras levadas a cabo baixo o Artigo 6 derívase das leccións que poidan ser sacadas destes enfoques innovadores, que permitirán a experimentación de novas ideas e a demostración de novas hipóteses, das posibilidades de identificación de boas prácticas e o intercambio de coñecemento e experiencia que sexan transferidos á corrente dominante do FSE.

Como tal, o Artigo 6 constitúe unha interface directa entre política (normativa) e práctica, entre o que está establecido e o que poida emerxer. Isto facilita a comunicación de políticas (normas, principios) ós profesionais “sobre o terreo” e, ó mesmo tempo, é un medio polo cal os profesionais son quen de informar o proceso político a nivel europeo, asegurando, así, que as novas iniciativas políticas teñen en conta o contexto operacional no cal deben ser implementadas.

Para o período de programación 2002-2006, o Regulamento FSE (CEE) Nº 1784/99 especificaba que o FSE apoiaría accións emprendidas para lograr o cumprimento da Estratexia Europea para o Emprego e as pautas anuais sobre emprego, apoiando medidas para previr e combater o desemprego e desenvolvendo recursos humanos e integración social no mercado de traballo.

Neste contexto, a Deputación de Pontevedra presenta o proxecto “EMPLEOCITIES”, en concreto a través da convocatoria de propostas denominada “Estratexias locais de emprego e innovación”, que fixaba o seu obxectivo principal en reforzar a aplicación dos plans nacionais de acción polo emprego nos plans rexional e local, apoiando o desenvolvemento dunha serie de estratexias rexionais e locais de emprego integradas.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 28/03/2011 12:46
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/