[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE SETEMBRO DE 2014 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Servizos » ..... » Proxectos finalizados » Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A » Cidade +

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 [8]
DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Cidade +

  • Denominación iniciativa comunitaria: Cidade +
  • Duración do proxecto: Ata decembro de 2005
  • Custo total: 3.762.300,00 euros
  • Participación europea (fondos): Cofinanciación dos fondos Feder
  • Partenariado do proxecto:
    • Deputación Provincial de Pontevedra
    • Secretaría Xeral para a Emigración
    • Cámara de Melgaço
    • IDITE-MINHO
  • Organismo público responsable. Deputación Provincial de Pontevedra
  • Órgano de dirección e control: Deputación Provincial de Pontevedra
  • Órgano xestor: Deputación Provincial de Pontevedra
  • Ámbito xeográfico: Provincia de Pontevedra
  • Descrición do proxecto:
    • Materializar a vontade de acollida da sociedade e a consideración cos que no seu día tiveron que deixar a súa terra e hoxe regresan coa intención de comezaren unha nova traxectoria vital.·
    • Abordar o fenómeno do retorno como unha oportunidade para promover o equilibrio territorial, desenvolvendo labores de orientación e formación que lles permitan ós emigrantes aproveitar os recursos existentes no rural e promover a súa inserción plena neste ámbito.
    • Articular canles adecuadas de información para a orientación práctica dos emigrantes que desexan retornar evitando incertezas e frustracións mediante o coñecemento da capacidade de acollida dos seus lugares de orixe.
    • Dispoñer dun centro de referencia que preste un servizo integral de información e orientación laboral que conteña aspectos legais, de recursos, laborais, etc.· Dispoñer dos equipamentos precisos para desenvolver un modelo específico de formación ocupacional tendo en conta as peculiaridades deste colectivo e as súas posibilidades de inserción no mundo rural.
    • Dispoñer de equipamentos específicos de documentación e exposición que aborden as características históricas e culturais do fenómeno migratorio e da realidade do retorno como un feito enriquecedor social e economicamente.

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 [8]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/02/2007 14:03
Copyright © 2002-2014, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/