[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 21 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios » Proxectos finalizados » Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A

Páxina [1] 2 3 4 5 6 7 8
DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Proxectos da Iniciativa Comunitaria
Interreg III-A

Interreg III (2000-2006) é unha iniciativa comunitaria financiada polo Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). As orientacións polas que se rexe foron fixadas pola Comunicación da Comisión do 28 de abril de 2000 (C-2000 1101-es 28.04.00) e teñen por obxecto o apoio ás operacións de cooperación transfronteiriza (capítulo A), transnacional (capítulo B) e interrexional (capítulo C) coa finalidade de fomentar un desenvolvemento harmonioso, equilibrado e sostible do espazo comunitario.

O programa España Portugal inscríbese no capítulo A e prevé a realización de proxectos destinados a reforzar a cohesión económica e social a través, entre outras, da cooperación transfronteiriza. O obxectivo central deste programa é a promoción económica e social dos núcleos transfroteirizos mediante estratexias comúns de cara a un desenvolvemento sostible. A Deputación de Pontevedra participa no Programa do capítulo A no ámbito de aplicación deste do Subprograma Galicia /Norte de Portugal sendo o ámbito básico de actuación as provincias de Pontevedra e Ourense en Galicia e en Portugal Minho-Lima, Cavado e Alto Tras-os-Montes, podendo anexar as provincias da Coruña e Lugo e a área Metropolitana de Porto, Ave, Támega e Douro.

A Deputación de Pontevedra actúa como xefe de fila nos proxectos: Cidade +; Deputrans; Vias Atlánticas. Tamén participa como socio nos proxectos: Cofroem; Uniminho e NAVI Natureza Viva.

No capítulo B, de carácter transnacional, a Deputación de Pontevedra tamén está presente. O Obxectivo é a cooperación transnacional entre as autoridades nacionais, rexionais e locais tendo por obxecto fomentar un maior grao de integración territorial nas grandes agrupacións de rexións europeas, nun esforzo por lograr un desenvolvemento duradeiro, harmonioso e equilibrado.

A Iniciativa comunitaria Interreg III é financiada conxuntamente entre os Estados membros e a Comunidade. A participación FEDER poderá supoñer ata o 75 % do custo total nas rexións do obxectivo nº 1, como é o caso de Galicia e ata o 50 % nas demais rexións.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4 5 6 7 8

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 28/03/2011 12:28
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/