[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 28 DE ABRIL DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Centro Provincial de Asesoramento Municipal » Concellos da provincia de Pontevedra

Páxina Seguinte
CENTRO PROVINCIAL DE ASESORAMENTO MUNICIPAL 

Concellos da provincia de Pontevedra

Pontevedra sorprende ó mundo enteiro, ó cidadán que a habita e ó turista que a visita, pola súa historia, o seu clima, as súas festas, a súa arquitectura civil e relixiosa, a súa gastronomía, as súas montañas e as súas praias. Pontevedra sempre sorprendente, desde o interior ata a costa, comunícase co mundo por terra, mar e aire. A Pontevedra é posible achegarse desde os seus portos, as súas estradas e o seu aeroporto. Infraestruturas cada vez máis modernas aproxímana ó resto da Comunidade Autónoma e de España.

Considerada das catro a provincia galega máis pequena, Pontevedra conta así e todo co índice de poboación relativo máis abundante de toda Galicia, repartido entre as 10 comarcas que compoñen os 62 concellos.

Percorrendo a provincia vaise pasando, entre outros, polos concellos de Silleda, Lalín, Dozón, Cotobade, Pontevedra, Portas, Vilagarcía, Meis, Vigo, Baiona, A Guarda e Tui. Descóbrese unha terra chea de maxia, de embruxos e de encantos. Á beira do mar atópanse praias coma A Lanzada, Silgar, ou Samil; os portos de Vigo, Vilagarcía e Marín; as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, as illas atlánticas: Tambo, Ons e Cíes. O mar mesturado co océano, variedades de paisaxes e paraxes que nos achegan o interior de tons verdes, ocres e amarelos intensos. Os montes Galiñeiro, Castrove, A Escusa, a Serra do Candán. Os ríos Ulla, Miño, Verdugo, Deza, Lérez, que serpean as ladeiras das montañas deica desembocaren no mar.

Arquitectura relixiosa de mosteiros: Oia, Poio, Armenteira, Acibeiro, San Salvador de Camazo, etc. Arquitectura civil de pazos e castelos: Oca, Lourizán, Rubiáns, fortalezas de Soutomaior e Baiona.

Arte e cultura que conviven coas festas gastronómicas, históricas e patronais: festa do viño en Cambados, do marisco no Grove, da lamprea en Arbo, festa de San Roque en Vilagarcía, a Peregrina en Pontevedra, o Corpus de Ponteareas, e moitas máis.

O patrimonio cultural dos museos, arquivos e bibliotecas axudan a recuperamos os restos arqueolóxicos de petroglifos, mámoas e murallas.

Pontevedra terra de artistas: pintores, músicos e escritores. Poetas coma Joham de Cangas, Mendinho e Martín Codax inspiráronse para a súa obra na ría de Vigo.

62 concellos nunha provincia, xestionados pola administración local dos seus municipios, coordinados e unidos pola administración local da Deputación de Pontevedra.

Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/11/2005 12:09
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/