[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 30 DE AGOSTO DE 2014 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Heráldica Municipal de Pontevedra » Deputacion Provincial de Pontevedra

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
HERÁLDICA MUNICIPAL DE PONTEVEDRA 

[Prema (click) para ampliar a imaxe]
[Prema (click) para ampliar a imaxe]

Deputación Provincial de Pontevedra

Escudo

En campo de prata, ponte de tres arcos con tallamares, sobre ondas de azur e prata, surmontado de cruceiro sobre grada, con dúas torres almeadas a un lado, e unha, almeada e mazonada, ó outro, todo isto na súa cor. Ó timbre coroa real pechada. Todo isto adornado con lambrequíns.


Non adaptado ó Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ó Decreto 369/1998 polo que se regulan o procedemento e normas heráldicas para a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais e a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Bandeira

Tallada ou partida en banda, de cor branca a parte superior e azul a inferior. O conxunto irá bordurado en ouro con floco e no centro, ó corazón, levará bordado o escudo da provincia rodeado da lenda: “Excma. Deputación Provincial de Pontevedra”. A asta remata nun pasador dourado do que arranca unha dobre folla de lanza.

Reseñada no artigo 28 do Regulamento de honras e distincións da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra, aprobado polo Ministerio da Gobernación o 9 de outubro de 1973.


Non adaptado ó Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ó Decreto 369/1998 polo que se regulan o procedemento e normas heráldicas para a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais e a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/04/2005 20:02
Copyright © 2002-2014, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/