Poden visualizarse aquí a totalidade dos escudos e bandeiras que se veñen usando nos diferentes concellos e entidades locais da provincia de Pontevedra, parte do seu patrimonio cultural e da súa expresión simbólica.
Coa imaxe inclúese a súa breve descrición heráldica, xunto coa súa data de aprobación por parte dos distintos órganos competentes e a referencia acerca da aprobación ou non pola Xunta de Galicia, logo do preceptivo informe da Comisión de Heráldica.
A adopción ou modificación dos elementos heráldicos municipais correspondíalle no seu día o Ministerio de Gobernación ou de Interior para posteriormente ser competencia autonómica e, no caso de Galicia, a dispor dun órgano asesor -a Comisión de Heráldica- posta en funcionamento no ano 1994 e que vén desenvolvendo un amplo labor no coñecemento, normalización e aprobación de escudos e bandeiras nos diferentes concellos de Galicia, de acordo cos criterios e recomendacións, cos principios básicos de simplicidade, claridade e equilibrio.
Na actualidade soamente dezaoito concellos teñen debidamente adaptado e aprobado o seu escudo, aínda que outros moitos se atopan en diferentes fases deste proceso. Confiamos en que pronto poida rematar o proceso normalizador dos elementos heráldicos das administracións públicas da nosa provincia.
|