[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 19 DE ABRIL DE 2014 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Soutomaior



Arquivo municipal de Soutomaior
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AM.36053
1.2. Título Arquivo municipal de Soutomaior
1.3. Datas 1854-1993
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 1.056 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, dos que 499 son caixas de expedientes e documentos, e 557 libros


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Soutomaior
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Soutomaior sitúase na costa pontevedresa, entre as áreas urbanas de Pontevedra e Vigo, enclavado nas concas dos ríos Verdugo e Oitaven, que o atravesan.

Fórmano unicamente dúas parroquias, Soutomaior e Arcade, con dezaseis entidades de poboación, nas que residen algo máis de cinco mil habitantes.Pertencía este territorio á antiga xurisdicción do mesmo nome, que abarcaba no seu día as parroquias de Soutomaior, Insua, Barbudo, Anceu, Forzáns, Berducido, Fornelos, Calvos, Traspielas e Pazos, correspondendo o señorío do duque de Soutomaior; á súa vez o coto de Arcade dependía do arcebispado de Santiago.

Logo do establecemento constitucional dos concellos no ano 1836 xorde o de Soutomaior, integrado no partido xudicial de Redondela, xunto cos de Mos, Pazos de Borbén e Redondela. Formaban este concello as parroquias de Arcade, Calvos, As Estacas, Fornelos, A Laxe, Soutomaior e Traspielas, cun total daquela de 1.256 veciños e 5.244 almas.

Será no ano 1870 e logo de varios intentos cando se produza a segregación definitiva das parroquias de Calvos, As Estacas, Fornelos, A Laxe e Traspielas para formar o novo concello de Fornelos de Montes, quedando o de Soutomaior coas dúas parroquias actuais.

2.3. Historia arquivística

A casa do concello sitúase na parroquia de Soutomaior; é un edificio en pedra, construído en 1950, remozado a finais dos oitenta e actualmente en fase de ampliación lateral.

A estructura orixinal consta de baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, destacando o bloque central, lixeiramente resaltado en fachada e desenrolado en altura formando unha torre que rompe a horizontalidade do edificio.

Na actualidade engádese unha nova construcción lateral comunicada coa anterior, coa intención de ampliar a superficie dispoñible.

O arquivo, logo de varias ubicacións nos últimos anos, dispúxose no baixo cuberta, ocupando inicialmente a totalidade do mesmo. Son en total tres pequenos espazos, abufardados os dous laterais e ocupando a torre o central. Alcanzan os setenta metros cadrados de superficie pero a escasa altura reduce o aproveitamento como depósito documental.

A documentación conservada foi organizada por vez primeira no ano 1987, dispóndose naquel enton nun local da planta baixa. A remodelación posterior do edificio fixo necesario o traslado ó baixo cuberta coincidindo con procesos de actualización nos anos 1991 e 1994.

Aínda se atopa neste mesmo local, saturado e incapaz de recibir máis documentación que se acumula polas oficinas na espera dun novo espazo.Esta falta de local útil impediu realizar novos procesos de actualización, adaptación o novo cadro de clasificación e informatización dos instrumentos de descrición, polo que a información dispoñible corresponde ó ano 1994 e organizada co anterior cadro de clasificación, no que se distinguían libros e legaxos.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

O patrimonio documental conservado é escaso e non vai máis alá do ano 1854, data do primeiro libro de actas conservado, debido elo con seguridade ó traslado de capitalidade producido anos antes, co pertinente traslado do conxunto do arquivo naquelas datas á parroquia de Fornelos. A documentación existente presenta un axeitado nivel de conservación e dispón de instrumentos de control e manexo ata o ano 1994.

A súa maioría pertence ó século XX, no referido á xestión económica e orzamentaria do concello.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados.
Inventario somero en papel, publicado.
Inventario detallado en ficha.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario Archivo Municipal de Soutomaior”
Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 16
D.L. PO-110-92 ISBN: 84-86845-85-8
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
*"Soutomaior e Fornelos"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 6, pgs. 147-160.
*”Soutomaior 1700-1936. Aproximación á historia local”/ José Luís Obelleiro Piñón.- Pontevedra: Deputación, 1994.


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xullo de 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 28/02/2005 09:10
Copyright © 2002-2014, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/