[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 22 DE NOVEMBRO DE 2014 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Dozón


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Dozón

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36016.AMDOZ.
1.2. Título Arquivo municipal de Dozón
1.3. Datas 1849-2013
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 875 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Dozón
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Dozón sitúase ó nordeste da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Lalín e Rodeiro.

Ocupa unha superficie superior ós setenta e un quilómetros cadrados cun total de 53 entidades de poboación dispersas en oito parroquias diferentes: Bidueiros, O Castro, Dozón, As Maceiras, Saa, Sanguiñedo, O Sisto e Vilarello, nas que residen algo máis de dous mil cincocentos habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a de Deza, na que o señorío correspondía ó conde de Lemos e que ocupaba as parroquias de Sanguiñedo e Sisto; e a de Dozón, con xurisdicción real e que comprendía as parroquias restantes.

No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Saa e en O Castro; este proceso culmina en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro.

No caso de Dozón, queda integrado por nove parroquias, as que aínda hoxe o compoñen e a de San Pedro de Mosteiro. Esta parroquia será suprimida no arranxo parroquial de 1890 e divididos os seus fregueses nas parroquias de Dozón e Bidueiros. Así mesmo tense constancia de varias modificacións da capitalidade do concello ata a actualidade que se sitúa no lugar de O Castro.

2.3. Historia arquivística

Dispóñense estes fondos na propia casa do Concello, unha moderna edificación, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo, planta, a carón da estrada nacional que vai de Santiago de Compostela a Ourense, que acolle a totalidade dos servizos municipais.

Os locais do arquivo municipal atópanse na planta baixa, á dereita da escaleira de acceso á planta superior. Son dúas pequenas salas similares de algo máis de seis metros cadrados cada unha, dotadas dun amplo ventanal; en ámbalas dúas instalouse preto de oitenta metros lineais de estantes metálicos, suficientes para os fondos existentes, así como unha mesa de consulta e traballo e un ficheiro metálico.

Contan cunhas boas condicións de habitabilidade, iluminación e ventilación.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 1994, 1998, 2003, 2007, 2009, 2011 e 2013.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Inés Pájaro Porral
Fé Cortiñas Rodríguez
Ana María Facal Maroñas
Fernando de Frías Conde
José Ramón López Fernández
Gemma López Salazar
María del Carmen Fariña Fernández
María de los Ángeles Vázquez Martínez
Iria Chaves Moledo
Mónica Núñez Carro
Isabel Couso Bravo
Jorge García García
José Gago García-Bravo
Alberto Aramburu García-Pintos
Fátima Baña Hernanz
Pablo Pastoriza Rozas
Paula Boullosa Rodríguez

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Destaca o escaso volume documental motivado polas perdas, especialmente, de fondos documentais do século XIX. Son moi significativas as dos libros de actas do Pleno, conservados só dende 1862 e non na súa totalidade.

A maior parte dos fondos pertencen á sección de Facenda, conservándose documentación contable dende 1858 e referida á contribución territorial rústica dende 1848.

É de destacar dentro da sección Servizos os documentos electorais dende 1877, das quintas dende 1867 ou dos padróns de habitantes dende 1885, anque todos eles con certa descontinuidade.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO 1862-2012 46
1.2. ALCALDE 1890-2011 18
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1924-2002 12
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1943-2002 4

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA 1924-2011 110
2.2. REXISTRO 1922-2013 31
2.3. PATRIMONIO 1924-2011 36
2.4. PERSOAL
     2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL 1895-2012 37
     2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL 1959-2012 16
     2.4.3. CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES 1944-2010 16
     2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL 1918-2004 9
     2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL 1999-2011 4
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1889-2012 15
2.6. CONTRATACIÓN 1932-2012 24
2.7. ARQUIVO 1891 1

3. SERVIZOS

3.1.OBRAS E URBANISMO
     3.1.1. PLANEAMENTO 1978-2010 8
     3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS 1958-2011 42
     3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS 1890-2012 125
     3.1.4. OBRAS PARTICULARES 1906-2012 84
     3.1.5. INDUSTRIAS 1943-2011 77
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1921-2004 22
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
     3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS 1944-2011 5
     3.3.2. MATADOIRO - -
     3.3.3. AUGA 1979-2012 4
     3.3.4. OMIC 1999 1
     3.3.5. PÓSITO 1952-1985 1
3.4. TRANSPORTES 1965-1992 3
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1896-2010 15
3.6. SANIDADE 1901-2011 18
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1922-2012 14
3.8. EDUCACIÓN 1900-1999 8
3.9. CULTURA 1976-2013 17
3.10. DEPORTES 1980-2011 4
3.11. POBOACIÓN 1885-2009 37
3.12. QUINTAS E MILICIAS 1867-2001 36
3.13. ELECCIÓNS 1877-2011 35

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
     4.1.1. ASUNTOS XERAIS 1888-2009 6
     4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS 1858-2011 181
     4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS 1953-1976 2
     4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS 1981-1983 1
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
     4.2.1. IMPOSTOS 1848-2009 118
     4.2.2. TAXAS 1886-2007 13
4.3. TESOURERÍA
     4.3.1. CAIXA 1899-1991 9
     4.3.2. RECADACIÓN 1924-2001 5
     4.3.3. CONTAS BANCARIAS 1951-2012 23


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 1.301 rexistros.
Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 5.182 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello de Dozón”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 22*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356*"Arquivos municipais na comarca do Deza" José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 11, pgs. 247-263
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
*”Arquivos da administración local na comarca do Deza”/ Xosé Ramón López Fernández.
Descubrindo do Deza: anuario de estudios e investigación, nº 6. 2004, pgs. 403-429.
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Dozón exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2013

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/10/2013 09:25
Copyright © 2002-2014, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/