|
|
 |
|
Arquivo municipal de Vila de Cruces
|
|
Arquivo municipal de Vila de Cruces |
|
Descrición FONDO. Norma ISAD (G)
 |
| 1. Área de identificación |
| 1.1. |
Código de referencia |
ES.AMU.36059 |
| 1.2. |
Título |
Arquivo municipal de Vila de Cruces |
| 1.3. |
Datas |
1872-2011 |
| 1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
| 1.5. |
Volume e soporte |
2.037 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
| 2.1. |
Nome do produtor |
Concello de Vila de Cruces |
| 2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O concello de Vila de Cruces sitúase ó norte da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Silleda, Lalín e Agolada.
Ocupa unha superficie total de 149 quilómetros cadrados cun total de 141 entidades de poboación dispersas en vinteoito parroquias diferentes: Añobre, Arnego, Asorei, Bascuas, Besexos, Bodaño, Brandariz, Camanzo, Carbia, As Cruces, Cumeiro, Duxame, Ferreirós, Fontao, Gres, Insua, Larazo, Loño, Losón, Merza, Obra, Oirós, Ollares, Piloño, Portodemouros, Sabrexo, Salgueiros e Toiriz, nas que residen ó redor de oito mil cincocentos habitantes.
Esta área xeográfica formou parte das provincias de Lugo e Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de diferentes xurisdiccións; a de Deza, na que o señorío correspondía ó Conde de Lemos; a de Abeancos con señorío do Conde de Monterrei; a de Camanzo con señorío do mosteiro de San Paio de Santiago; a de Carboeiro con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago; a de Caxide con señorío de D. José Pardo; a de Cira con señorío do Conde de Altamira; a de Piloño, con señorío do arcebispo de Santiago e os coutos de Brandomés e San Xusto de Dombodán.
No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Camanzo, Ferreirós, Piloño, Merza e Cruces; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro.
No caso de Carbia, queda integrado por vintesete parroquias, as que aínda hoxe o compoñen coa salvidade de escisión producida na parroquia de San Fiz de Besexos da que xurdiu a parroquia de Nosa Señora da Piedade das Cruces, aumentando así o número a vinteoito pero manténdose a superficie total. O cambio de nome polo actual de Vila de Cruces faise efectivo no mes de outubro do ano 1944. |
| 2.3. |
Historia arquivística |
A actual casa do concello é unha edificación distribuída en baixo e dúas plantas, rematado no ano 1997 xunto cunha praza remozada a carón da anterior sede municipal. Destaca especialmente a gran cantidade de vans, en aluminio verde, e a balconada central.
O local de arquivo ocupa na actualidade unha parte do soto, adicado ata entón a garaxe, logo do seu traslado dende o espacio que viña ocupando na ala dereita do segundo piso, pasando a ocupar un espacio inicialmente non previsto para este fin e cunhas deficientes condicións de luminosidade e ventilación.
Presenta unha forma rectangular con preto de corenta e cinco metros cadrados de superficie total. Conta con mesa de consulta, ficheiro e estantes metálicos, cun total de 204 metros lineais útiles, dos que quedan libres para posteriores incorporacións un total de corenta e oito metros lineais.
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1993, o último dos arquivos municipais da comarca do Deza organizados, realizándose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1995, 1998, 2000, 2002, 2005, 2007, 2009 e 2011.
Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luís Castro Carpintero Fé Cortiñas Rodríguez Inés Pájaro Porral Francisco Orge Ventín Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Dolores Poch Mariño Isabel Revenga Portela Montserrat Romero Alonso Mercedes Estévez Ogando María del Carmen Fariña Fernández Alberto Aramburu García-Pintos María de los Ángeles Vázquez Martínez Jorge García García José Gago García-Bravo
|
| 2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. |
|
 |
 |
 |
 |
| 3. Área de contido e estrutura |
| 3.1. |
Alcance e contido |
A maior parte do fondo corresponde ó século XX e ás series documentais de obras levadas a cabo polo propio concello e o control das construccións dos particulares, así como a confección e control presupostario, seguindo a tónica xeral dos diferentes arquivos municipais desta provincia. A documentación presupostaria presenta unha notable continuidade dende a década dos primeiros anos do século vinte.
A penas hai testemuños anteriores agás as actas dos Plenos dende 1872, coa notoria ausencia das referidas ós primeiros anos (1836-1871), ou algúns documentos de patrimonio municipal que alcanzan o ano 1851. O ano 1900 e a referencia máis oportuna en boa parte das series documentais, especialmente os presupostos ordinarios, beneficencia e os da Xunta de Ensino. |
| 3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. |
| 3.3. |
Novos ingresos |
Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. |
| 3.4. |
Organización |
| CADRO DE CLASIFICACIÓN
1. GOBERNO |
|
|
| 1.1. CONCELLO / PLENO |
1872-2010 |
65 |
| 1.2. ALCALDE |
1928-2010 |
43 |
| 1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE |
1924-2009 |
46 |
| 1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS |
1979-2010 |
17 |
| |
|
|
2. ADMINISTRACIÓN
| 2.1. SECRETARÍA |
1928-2010 |
109 |
| 2.2. REXISTRO |
1923-2008 |
30 |
| 2.3. PATRIMONIO |
1891-2011 |
57 |
| 2.4. PERSOAL |
|
|
| 2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL |
1889-2009 |
55 |
| 2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL |
1884-2002 |
5 |
| 2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES |
1958-2007 |
17 |
| 2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL |
1946-2009 |
19 |
| 2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL |
1995-2000 |
3 |
| 2.5. SERVIZOS XURÍDICOS |
1892-2010 |
13 |
| 2.6. CONTRATACIÓN |
1933-2011 |
173 |
| 2.7. ARQUIVO |
1947-2000 |
2 |
3. SERVIZOS
| 3.1. OBRAS E URBANISMO |
|
|
| 3.1.1. PLANEAMENTO |
1973-2003 |
29 |
| 3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS |
1956-2009 |
23 |
| 3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS |
1902-2011 |
544 |
| 3.1.4. OBRAS PARTICULARES |
1912-2011 |
351 |
| 3.1.5. INDUSTRIAS |
1955-2010 |
110 |
| 3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS |
1902-2009 |
15 |
| 3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS |
|
|
| 3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS |
1923-2000 |
4 |
| 3.3.2. MATADOIRO |
1981-1987 |
1 |
| 3.3.3. AUGA |
1968-2010 |
12 |
| 3.3.4. OMIC |
- |
- |
| 3.3.5. PÓSITO |
- |
- |
| 3.4. TRANSPORTES |
1956-2008 |
4 |
| 3.5. SEGURIDADE CIDADÁ |
1905-2007 |
24 |
| 3.6. SANIDADE |
1900-2011 |
26 |
| 3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL |
1900-2011 |
32 |
| 3.8. EDUCACIÓN |
1900-2008 |
15 |
| 3.9. CULTURA |
1965-2011 |
42 |
| 3.10. DEPORTES |
1981-2009 |
17 |
| 3.11. POBOACIÓN |
1920-2008 |
45 |
| 3.12. QUINTAS E MILICIAS |
1930-2001 |
23 |
| 3.13. ELECCIÓNS |
1932-2005 |
19 |
4. FACENDA
| 4.1. INTERVENCIÓN |
|
|
| 4.1.1. ASUNTOS XERAIS |
1886-2003 |
9 |
| 4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS |
1901-2009 |
678 |
| 4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS |
1929-1992 |
14 |
| 4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS |
1981-1983 |
2 |
| 4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN |
|
|
| 4.2.1. IMPOSTOS |
1899-2009 |
145 |
| 4.2.2. TAXAS |
1947-2009 |
26 |
| 4.3. TESOURERÍA |
|
|
| 4.3.1. CAIXA |
1887-2003 |
10 |
| 4.3.2. RECADACIÓN |
1933-2005 |
13 |
| 4.3.3. CONTAS
BANCARIAS |
2003 |
1 |
|
|
|
 |
 |
 |
 |
| 4. Área de condicións de acceso e utilización |
| 4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
| 4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
| 4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes. |
| 4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
| 4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 2.873 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 13.504 rexistros. |
|
 |
 |
 |
 |
| 5. Área de documentación asociada |
| 5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal. |
| 5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). |
| 5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. |
| 5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario arquivo do concello de Vila de Cruces” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 23 D.L. PO-413-00 ISBN 84-8457-031-2 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *"Arquivos municipais na comarca do Deza"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 11, pgs. 247-263 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 *”Arquivos da administración local na comarca do Deza”/ Xosé Ramón López Fernández. Descubrindo do Deza: anuario de estudios e investigación, nº 6. 2004, pgs. 403-429. *”Creación e evolución do concello de Vila de Cruces: séculos XVIII-XX”/ María Isabel Revenga Portela, María Dolores Poch Mariño. PONTENOVA. Revista de novos investigadores. Nº 1, pgs 69-78. * Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es” |
|
 |
 |
 |
 |
| 6.1. |
Notas |
Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Vila de Cruces exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico. |
|
 |
 |
| 7. Área de control da descrición |
| 7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
| 7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
| 7.3. |
Data da descripción |
Marzo de 2011 |
|
 |
|
Copyright © 2002-2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124 http://www.depontevedra.es/ |
|
|