[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 23 DE NOVEMBRO DE 2014 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Tomiño


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Tomiño

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36054.AMTOM.
1.2. Título Arquivo municipal de Tomiño
1.3. Datas 1820-2012
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 5.229 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Tomiño
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Tomiño está situado no sur da provincia de Pontevedra, a carón do último tramo do río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ten unha superficie superior ós 102 quilómetros cadrados, cun total de quince parroquias nas que se asentan 134 entidades de poboación diferenciadas e algo máis de dez mil habitantes, o que supón unha densidade de poboación superior ós 103 habitantes por quilómetros cadrados, superior á media galega.

O territorio do actual concello de Tomiño distribuíase antes do seu establecemento constitucional en oito xurisdiccións diferentes: as de Amorín, Barrantes, Currás, Forcadela, Goián, Sobrada, Tebra e Tomiño, dependentes do bispo e cabido de Tui, dos propios veciños, da Encomenda de Beade e de varios señores.

Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 contémplase a existencia de varios concellos distintos neste territorio; en concreto no ano 1821 existían os de Tebra, Barrantes, Amorín, Sobrada, Tomiño e Goián.

Na definitiva reforma do ano 1836 estableceuse a creación inicial deste concello dentro do Partido Xudicial de Tui e integrado polas parroquias de Tomiño, Barrantes, Figueiró Estás, Goián, Piñeiro, Sobrada, Taborda, Forcadela, Amorín, Currás, Santa María de Tebra, Pinzás, San Salvador de Tebra e Vilameán, cun total de 8.115 almas.

Foron moitos os intentos que nestes anos se produciron para formar novos concellos segregando parte das parroquias que o integran. Empezaron xa no ano 1839 cando os veciños de Goián intentan crear un municipio independente; esta tentativa repítese en 1844 polos mesmos veciños e, ó mesmo tempo, polos de Sobrada, Piñeiro e Taborda que tamén buscan crear un concello propio. En 1847 serán os veciños de Sobrada, Piñeiro, Currás Amorín e Taborda os que soliciten formar concello diferenciado.

Por outra parte foron varios os intentos de formar entidades locais menores en diferentes parroquias do concello, todos eles sen froito permanente ningún. Todo isto deriva na existencia actual do mesmo concello, formado por igual número de parroquias e co mesmo territorio ca no ano 1836.

2.3. Historia arquivística

O edificio da casa do concello é unha construcción sinxela en pedra, exenta, situada na parroquia e vila de Tomiño que se distribúe en baixo, planta e baixo cuberta; foi inaugurado en 1946 e recentemente ampliado.

O arquivo municipal instalouse no seu día na planta baixo cuberta da casa do concello de Tomiño, nun local distribuído en dúas salas ó redor dunha zona central á que se accede por unha longa escaleira dende a planta principal.

Ámbalas dúas salas son similares, formando xunto co espacio central unha zona rectangular de 19 metros de longo e 8,5 metros de ancho, cunha superficie total de 169 metros cadrados, dos que a maior parte se aproveita como espacio útil; o teito ten forma de bufarda permitindo o uso e cómodo acceso á práctica totalidade das salas.

Este local foi reformado na súa totalidade e dotado no seu día, coincidindo co proceso de organización do fondo documental nos anos 1989-1991, duns axeitados e suficientes equipamentos, que incluían mesa de consulta, ficheiro e estantería metálica suficiente que alcanza os 192 metros lineais.

A propia estructura e a insuficiencia espacial deste local fixo que na recente ampliación da casa do concello se habilitara outra pequena sala, na entreplanta, dotada á súa vez dos equipamentos necesarios e das axeitadas condicións de habitabilidade, agás a ventilación directa e luz natural. É intención e necesidade o traslado nun futuro inmediato ás novas instalacións que se habiliten ó efecto tendo en conta a insuficiencia espacial das actuais.

A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo a ampliación dos locais nos anos 1990, 1991, 1997, 2001, 2003, 2007, 2009, 2010 e 2012.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Roberto Rodríguez Álvarez
José Luis Castro Carpintero
Carla María Cociña Iglesias
María Luz Justo Acevedo
Xosé Luís Méndez Pérez
Alfonso Parada Vilas
Marcos Pereiras Álvarez
Begoña Pérez Losada
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Carmen Touzón Fernández
Rubén Villar Fernández
Isabel Couso Bravo
Aída María Pérez Martínez
Alberto Aramburu García Pintos
Javier López Sáez
Lara Moldes González
Miguel Martínez Puig

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A documentación xerada polos órganos de goberno, tanto unipersoais como colexiados a penas representa un 8% do total e nela aprécianse as máis significativas carencias, especialmente as dos libros de actas do Pleno anteriores a 1901, ou a documentación xerada pola Alcaldía antes de 1934.

A xestión administrativa, recollida na correspondencia, no rexistro, nos documentos e expedientes relativos ó persoal municipal ou á contratación, que corresponde á sección administración do cadro de clasificación, supón aproximadamente un 15% do total dos fondos, con testemuños na correspondencia dende 1932 e relativos ó persoal dende 1897 como os máis antigos.

Ó redor do 39% supón o volume documental da sección servizos con especial significación da tramitación de licencias de obra a particulares, das obras municipais e das industrias, que no primeiro caso conservan documentos dende 1923, dos padróns de habitantes dende 1937 e das quintas 1928, non sempre con tal continuidade.

Por último a sección de Facenda que recolle a documentación contable e referida ós arbitrios e taxas municipais representa un 48% do total con certa continuidade dende finais do século pasado.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO 1901-2011 139
1.2. ALCALDE 1934-2012 95
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1924-2011 57
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1928-2010 11

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA 1890-2012 251
2.2. REXISTRO 1909-2012 225
2.3. PATRIMONIO 1867-2012 77
2.4. PERSOAL
     2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL 1900-2011 197
     2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL 1936-2012 16
     2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES 1959-2009 18
     2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL 1923-2012 51
     2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL 1987-2011 9
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1820-2012 41
2.6. CONTRATACIÓN 1924-2012 227
2.7. ARQUIVO -

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
     3.1.1. PLANEAMENTO 1968-2008 60
     3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS 1944-2006 26
     3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS 1895-2011 240
     3.1.4. OBRAS PARTICULARES 1895-2012 1785
     3.1.5. INDUSTRIAS 1901-2010 294
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1849-2011 22
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
     3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS 1926-2011 14
     3.3.2. MATADOIRO 1947-1989 7
     3.3.3. AUGA 1943-2000 3
     3.3.4. OMIC - -
     3.3.5. PÓSITO - -
3.4. TRANSPORTES 1964-2011 6
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1895-2009 56
3.6. SANIDADE 1885-212 39
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1896-2012 71
3.8. EDUCACIÓN 1926-2011 27
3.9. CULTURA 1930-2011 44
3.10. DEPORTES 1984-2009 7
3.11. POBOACIÓN 1901-2012 182
3.12. QUINTAS E MILICIAS 1927-2001 40
3.13. ELECCIÓNS 1923-2011 48

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN 1997-1998
     4.1.1. ASUNTOS XERAIS 1901-2011 31
     4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS 1893-2011 944
     4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS 1929-1978 13
     4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS 1981-1983 2
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
     4.2.1. IMPOSTOS 1872-2011 427
     4.2.2. TAXAS 1946-2010 65
4.3. TESOURERÍA
     4.3.1. CAIXA 1866-2004 37
     4.3.2. RECADACIÓN 1932-2005 32
     4.3.3. CONTAS BANCARIAS 1891-2006 17


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 5.923 rexistros.
Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 22.434 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello de Tomiño”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 10
D.L. PO-24-98 ISBN: 84-89690-30-8
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Tomiño exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Outubro de 2012

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/10/2013 14:05
Copyright © 2002-2014, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/