[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 1 DE NOVEMBRO DE 2014 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Salvaterra de Miño


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Salvaterra de Miño

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36050.AMSALV.
1.2. Título Arquivo municipal de Salvaterra de Miño
1.3. Datas 1831-2013
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 3.662 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Salvaterra de Miño
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O territorio do concello de Salvaterra de Miño sitúase no sur da provincia de Pontevedra, bañado polo río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ademais linda cos concellos de Ponteareas, As Neves, Salceda de Caselas e Mondariz.

Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e oito quilómetros cadrados, con duascentas trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas dezasete parroquias actuais: Alxán, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma, e Vilacoba, nas que residen algo máis de nove mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Salvaterra e As Achas, con señorío do conde de Salvaterra; da de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, e dos cotos de Penafurada e Porto, con señorío do conde de Amarante e da Encomenda de Beade respectivamente.

Iniciado o proceso de constitución dos concellos nos inicios do século dezanove chegaron a funcionar os concellos de Fornelos e Salvaterra neste territorio. Xa no proceso definitivo créase o concello de Salvaterra coa configuración actual, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, cun total de dezaoito parroquias.

Posteriormente producirase a supresión da parroquia de Penafurada, fusionándose coa súa matriz de Oleiros, quedando as dezasete actuais. Por outra parte o concello completará a súa denominación oficial como Salvaterra de Miño no ano 1907.

2.3. Historia arquivística

A actual casa do concello, de recente cosntrucción, supón unha sensible mellora nas instalacións e equipamentos municipais, dispondo na súa concepción dun espacio adicado a arquivo municipal na planta superior, que ven a resolver unha sentida carencia dos últimos anos.

Esta nova edificación intégrase nun tamén novo entorno cunha ampla praza e nunha área de novo desenvolvemento urbanístico. É unha ampla estructura, desarrollada horizontalmente, con baixo, planta e baixo cuberta, que cubre inicialmente as necesidades da entidade local.

Ocupa o arquivo unha boa parte da planta superior, próxima ós noventa metros cadrados, abufardada, con deseño irregular en forma de “L”. Dispoñen estas novas instalacións dos debidos equipamentos para a súa función, de axeitadas condicións de ventilación e luminosidade, estantería metálica suficiente, ficheiros e mesas de consulta, sistemas contra incendios e porta de seguridade.

A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón, nos anos 2002, 2005, 2007, 2009 e 2011, novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo o traslado ó novo local actual.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Paula Fernández Bañuelos
José Luis Castro Carpintero
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Juana María López Oviedo
María Herminia Martinez Pereira
Manuela González Rey
Roxelio Guillerme Pérez Agulla
José Luis Bustelo Rodríguez
Ana María Vallés Castro
Daniel Menéndez Rodríguez
Jacobo Domínguez Pedreira
Iria Chaves Moledo
Isabel Balchada Bermúdez
Carmen Touzón Fernández
Isabel Couso Bravo
Alberto Aramburu García-Pintos
Antón Ulla Cobián
Fátima Baña Hernanz
Pablo Pastoriza Rozas

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Destaca neste conxunto documental a relativa as quintas e milicias, con testemuños continuados dende 1831, que xunto coa relativa ós padróns municipais e a contribución territorial rústica supón a práctica totalidade da conservada relativa ó século dezanove.

Os presupostos e contas municipais alcanzan ó ano 1886, con continuidade dende entón; as actas do Pleno soamente empezan a existir dende 1887 o que supón unha considerable lagoa informativa e perda documental.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO 1887-2011 89
1.2. ALCALDE 1912-2012 84
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1924-2012 55
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1973-2011 11

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA 1904-2012 118
2.2. REXISTRO 1877-2011 86
2.3. PATRIMONIO 1897-2010 83
2.4. PERSOAL
     2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL 1911-2013 137
     2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL 1926-2013 7
     2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES 1924-2013 24
     2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL 1930-2009 15
     2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL 1990-1999 2
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1947-2012 32
2.6. CONTRATACIÓN 1926-2012 48
2.7. ARQUIVO 1988-1989 2

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
     3.1.1. PLANEAMENTO 1964-2008 19
     3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS 1956-2013 78
     3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS 1894-2013 234
     3.1.4. OBRAS PARTICULARES 1910-2013 727
     3.1.5. INDUSTRIAS 1947-2013 179
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1952-2012 13
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
     3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS 1945-2010 6
     3.3.2. MATADOIRO 1966-1995 2
     3.3.3. AUGA 1971-2010 8
     3.3.4. OMIC 2007 1
     3.3.5. PÓSITO - -
3.4. TRANSPORTES 1960-2008 28
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1892-2011 23
3.6. SANIDADE 1904-2013 35
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1904-2013 115
3.8. EDUCACIÓN 1902-2012 27
3.9. CULTURA 1971-2013 51
3.10. DEPORTES 1978-2012 12
3.11. POBOACIÓN 1838-2012 156
3.12. QUINTAS E MILICIAS 1831-2001 87
3.13. ELECCIÓNS 1924-2011 48

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
     4.1.1. ASUNTOS XERAIS 1879-2012 28
     4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS 1886-2013 672
     4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS 1914-1985 27
     4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS 1981 1
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
     4.2.1. IMPOSTOS 1842-2012 545
     4.2.2. TAXAS 1931-2011 57
4.3. TESOURERÍA
     4.3.1. CAIXA 1889-2009 44
     4.3.2. RECADACIÓN 1914-2012 150
     4.3.3. CONTAS BANCARIAS 1923-2013 21


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 4.151 rexistros.
Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 25.537 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello de Salvaterra de Miño”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 51
D.L. PO-385-03 ISBN 84-8457-171-8
*"Arquivos municipais do Condado"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs.275-292
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
*"Arquivos municipais do Condado" / José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista SOBEROSUM: Revista de Estudios Museo Municipal de Ponteareas. Tomo I, pgs. 233-246.
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Salvaterra de Miño exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Marzo de 2014

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/03/2014 08:58
Copyright © 2002-2014, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/