[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE DECEMBRO DE 2014 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal do Rosal


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal do Rosal

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36048.AMROS.
1.2. Título Arquivo municipal do Rosal
1.3. Datas 1847-2013
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 3.232 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello do Rosal
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello do Rosal sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, lindando co río Miño, que o separa de Portugal, e cos concellos de Oia, Tomiño e A Guarda.

Ten unha superficie superior ós 41 quilómetros cadrados nos que residen ó redor de seis mil habitantes asentados en entidades de poboación, distribuídas en catro parroquias: San Bartolomeu de Eiras, Santa Mariña do Rosal, San Xoán de Tabagón e San Miguel de Tabagón.

Este territorio pertencía á xurisdicción da Guarda con señorío do bispado e Cabido de Tui, tendo funcionado xa nos primeiros períodos constitucionais o concello do Rosal.

No ano 1836 créase o concello da Guarda dentro do partido xudicial de Tui incluíndo o territorio do actual concello. Pouco tempo despois, xa no ano 1844, iníciase o expediente de segregación das parroquias a petición dos seus veciños, que dará lugar á creación do actual concello do Rosal.

Este proceso será efectivo en 1847 aparecendo un novo concello con capitalidade en Ferreiros, pero novas reclamacións veciñais posteriores reverterán a situación no ano 1851 mediante circular do Gobernador Civil.

Culminan os trámites coa creación definitiva do novo concello no mes de agosto do ano 1854. Con posterioridade soamente houbo algún intento no ano 1885 dalgúns veciños de Eiras de integrarse no concello de Tomiño sen resultado.

2.3. Historia arquivística

A casa do concello foi construída no ano 1781 por un emigrante brasileiro retornado, ocupando na actualidade a totalidade da edificación coa adquisición da metade levada a cabo recentemente. É un edificio en pedra, distribuída en baixo, planta e con aproveitamento baixo cuberta.

Dispón dunha fermosa fachada porticada na súa planta baixa con balconada corrida en primeira planta, abrindo a edificación a unha ampla praza na que se insire.

O local do arquivo ocupa o baixo cuberta, parcialmente abufardado, con acceso directo dende as oficinas mediante escaleira metálica de caracol. Un amplo local de forma irregular, distribuído en tres salas de diferentes dimensións, cunha superficie útil de cento trinta e catro metros cadrados, con espacio laterais para o almacenamento de materiais diversos.

Conta o local con ventilación e iluminación natural, dotado de illamento térmico e condicións de habitabilidade e equipamentos que garanten o axeitado cumprimento das súas funcións de conservación e servicio documental.

Neste local instaláronse, tal e como reflicte o plano, douscentos corenta metros lineais de estantería metálica, suficientes para a documentación actual e as sucesivas incorporacións; conta con mesa de traballo e consulta, ficheiro metálico e equipo informático de uso exclusivo, así como aparato deshumidificador.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1991, realizando dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1992, 1997, 1998, 2002, 2003, 2004, 2007, 2008, 2009, 2010, 2012 e 2014.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Joaquín Suárez Vicente
Mónica Amigo Suárez
José Luis Castro Carpintero
Carina Fernández Faya
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Margarita Veiga Villaverde
Roberto Rodríguez Álvarez
Julio Rafael Pereira Bernárdez
Alberto Aramburu García-Pintos
Isabel Couso Bravo
Aída María Pérez Martínez
Miguel Martínez Puig
Lara María Moldes González
Aída María Pérez Martínez
Javier López Sáez
Carla Muñoz López
Diego González Gómez

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A pesar das constatadas perdas documentais consérvase un notable volume, hoxe en día en perfectas condicións, destacando especialmente a sección de Facenda e aqueles que fan referencia ó control urbanístico. Reseñar a práctica conservación total das actas do Pleno, Comisión Municipal Permanente e de Goberno, e as da Xunta Municipal de Asociados do presente século, fontes importantes de información.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO 1847-2013 93
1.2. ALCALDE 1923-2010 79
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1924-2012 28
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 2006-2012 6

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA 1923-2013 288
2.2. REXISTRO 1932-2014 221
2.3. PATRIMONIO 1855-2012 55
2.4. PERSOAL
     2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL 1852-2013 176
     2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL 1893-2013 7
     2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES 1915-2009 14
     2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL 1870-2012 40
     2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL 1916-2011 6
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1850-2011 30
2.6. CONTRATACIÓN 1934-2013 67
2.7. ARQUIVO 2001-2013 4

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
     3.1.1. PLANEAMENTO 1955-2009 26
     3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS 1954-2011 22
     3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS 1928-2013 320
     3.1.4. OBRAS PARTICULARES 1914-2013 787
     3.1.5. INDUSTRIAS 1914-2013 205
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1909-2012 35
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
     3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS 1917-2012 3
     3.3.2. MATADOIRO 1969-1988 2
     3.3.3. AUGA 1998-2013 6
     3.3.4. OMIC 2000-2010 16
     3.3.5. PÓSITO - -
3.4. TRANSPORTES 1960-2013 6
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1864-2013 33
3.6. SANIDADE 1850-2013 28
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1849-2012 85
3.8. EDUCACIÓN 1853-2008 21
3.9. CULTURA 1964-2013 90
3.10. DEPORTES 1981-2013 17
3.11. POBOACIÓN 1850-2013 123
3.12. QUINTAS E MILICIAS 1880-2001 27
3.13. ELECCIÓNS 1919-2012 41

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
     4.1.1. ASUNTOS XERAIS 1884-2012 6
     4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS 1895-2012 922
     4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS 1941-1977 14
     4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS 2006 1
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
     4.2.1. IMPOSTOS 1847-2013 344
     4.2.2. TAXAS 1925-2013 55
4.3. TESOURERÍA
     4.3.1. CAIXA 1902-2000 26
     4.3.2. RECADACIÓN 1930-2008 14
     4.3.3. CONTAS BANCARIAS 1951-2007 50


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 4.386 rexistros.
Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 18.545 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello do Rosal”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 17
D.L. PO-107-00 ISBN: 84-8457-012-6
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
*Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal do Rosal exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servicio Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xaneiro de 2014

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 19/03/2014 09:26
Copyright © 2002-2014, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/