[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 20 DE XUÑO DE 2013 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Rodeiro


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Rodeiro

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AMU.36047
1.2. Título Arquivo municipal de Rodeiro
1.3. Datas 1850-2011
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 1.270 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Rodeiro
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Rodeiro sitúase ó nordeste da provincia de Pontevedra, incluído no partido xudicial de Lalín e na comarca xeográfica do Deza, lindando coas provincia da Lugo -concellos de Antas de Ulla, Taboada, Chantada e Carballedo- e Ourense -concellos de Cea e Piñor, ademais dos concellos da propia provincia de Pontevedra, Lalín, Agolada e Dozón.

Ocupa unha superficie total algo superior ós 153 quilómetros cadrados cun total de 143 entidades de poboación dispersas en vinte parroquias diferentes: Alceme, Arnego, Asperelo, Az, San salvador de Camba, San Xoán de Camba, Santa Baia de Camba, Carboentes, Fafián, Guillar, Negrelos, Pedroso, Pescoso, A Portela, Río, Riobó, Rodeiro, Salto, Senra e Vilela, nas que residen ó redor de cinco mil cincocentos habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían , agás a de Salto, da xurisdicción de Camba, na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago. A antedita parroquia de Salto dependía do señorío do Mosteiro de Oseira.

No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Guillar, Rodeiro, Camba e Carboentes; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro.

No caso de Rodeiro, queda integrado polas actuais vinte parroquias, sen que se producisen modificacións na súa configuración ó longo dos anos de existencia.

2.3. Historia arquivística

A actual casa do concello é unha edificación distribuída en baixo e planta, que foi complementada recentemente cunha edificación de nova construcción próxima que se une a propia casa do concello a modo de ampliación posterior, resultando un amplo espacio para a disposición dos diferentes servizos municipais.

O local de arquivo disponse nunha sala de forma practicamente rectangular na segunda planta do novo edificio. Conta o local cunha pequena sala anexa para traballo e consulta.

Ten unha superficie superior ós corenta e cinco metros cadrados suficiente na actualidade e dotada dunhas axeitadas condicións de habitabilidade, calefacción e ventilación.

Instaláronse neste local estanterías de madeira, construídas para esta función, alcanzando os 186 metros lineais que se foron ocupando en sucesivas remisións documentais.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1993, realizando dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1998, 1999, 2003, 2006, 2009 e 2011.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Inés Pájaro Porral
Fé Cortiñas Rodríguez
María José Rodríguez González
José Luis Castro Carpintero
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
José Ramón López Fernández
José Luis Varela Ledo
José Mario Gómez Penide
Marta Lucio Gómez
María del Carmen Fariña Fernández
Jacobo Domínguez Pedreira
Francisco Orge Ventín
Jorge García García
José Gago García-Bravo
Alberto Aramburu García-Pintos

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A información que resulta dos instrumentos de descrición constata unha perda documental importante, sendo en moitas series o ano 1900 a data extrema.

Entre elas, especialmente relevante é a perda dos libros de actas do Pleno do período 1836 a 1899 e de 1905 a 1910, que impide dispor neste arquivo dunha necesaria e preferente fonte de información.

O maior volume documental corresponde á elaboración e xestión dos orzamentos municipais, sendo ademais a documentación máis antiga, agás documentos illados. Son importantes tamén os documentos referidos ó control urbanístico e das obras de particulares ou das quintas e recrutamentos, conservados dende 1901.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO 1900-2010 45
1.2. ALCALDE 1923-2010 30
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1927-2008 39
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1928-1996 3

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA 1925-2010 50
2.2. REXISTRO 1928-2011 36
2.3. PATRIMONIO 1905-2007 28
2.4. PERSOAL
     2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL 1902-2011 50
     2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL 1922-2008 7
     2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES 1948-2009 10
     2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL 1887-2011 13
     2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL 1998-2011 5
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1978-2007 3
2.6. CONTRATACIÓN 1924-2009 24
2.7. ARQUIVO 1997 1

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
     3.1.1. PLANEAMENTO 1973-2009 12
     3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS 1944-2010 85
     3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS 1895-2011 162
     3.1.4. OBRAS PARTICULARES 1924-2011 132
     3.1.5. INDUSTRIAS 1965-2011 233
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1908-2010 16
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
     3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS 1919-1997 4
     3.3.2. MATADOIRO 1973-1985 3
     3.3.3. AUGA 1955-2006 10
     3.3.4. OMIC - -
     3.3.5. PÓSITO 1957-1970 1
3.4. TRANSPORTES 1965-2007 5
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1924-2009 19
3.6. SANIDADE 1893-2009 17
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1900-2009 21
3.8. EDUCACIÓN 1858-2006 13
3.9. CULTURA 1956-2009 22
3.10. DEPORTES 1984-2009 4
3.11. POBOACIÓN 1924-2009 50
3.12. QUINTAS E MILICIAS 1901-2001 33
3.13. ELECCIÓNS 1932-2010 40

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
     4.1.1. ASUNTOS XERAIS 1883-2009 5
     4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS 1882-2008 310
     4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS 1892-1976 5
     4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVERSIÓNS 1981-1982 2
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
     4.2.1. IMPOSTOS 1983-2008 136
     4.2.2. TAXAS 1954-2007 11
4.3. TESOURERÍA
     4.3.1. CAIXA 1920-1996 9
     4.3.2. RECADACIÓN 1939-2005 9
     4.3.3. CONTAS BANCARIAS 1958-2006 15


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 1.717 rexistros.
Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 8.389 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello de Rodeiro”
Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 25
D.L. PO-415-00 ISBN: 84-8457-033-9
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
*"Arquivos municipais na comarca do Deza"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 11, pgs. 247-263
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
*”Arquivos da administración local na comarca do Deza”/ Xosé Ramón López Fernández.
Descubrindo do Deza: anuario de estudios e investigación, nº 6. 2004, pgs. 403-429.
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Rodeiro exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Abril de 2011

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/04/2011 13:21
Copyright © 2002-2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/