|
|
 |
|
Arquivo municipal de Ponteareas
|
|
Arquivo municipal de Ponteareas |
|
Descrición FONDO. Norma ISAD (G)
 |
| 1. Área de identificación |
| 1.1. |
Código de referencia |
ES.AMU.36042 |
| 1.2. |
Título |
Arquivo municipal de Ponteareas |
| 1.3. |
Datas |
1836-2003 |
| 1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
| 1.5. |
Volume e soporte |
2.842 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
| 2.1. |
Nome do produtor |
Concello de Ponteareas |
| 2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O territorio do concello de Ponteareas sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda cos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Porriño e Mos.
Ocupa unha superficie de cento dezaoito quilómetros cadrados, con duascentas vinte entidades de poboación dispersas nas súas vintecatro parroquias: Angoares, Arcos, Areas, Arnoso, Bugarín, Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Fozara, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, Santiago de Oliveira, San Mateo de Oliveira, San Lourenzo de Oliveira, Padróns, Paredes, Pías, Ponteareas, Prado, Ribadetea e Xinzo, nas que residen case que vinte mil habitantes.
Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra.
Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Ponteareas, Guláns e Areas. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Ponteareas, créanse o concello de Ponteareas, xunto cos de Mondariz, Setados e Salvaterra. Dende entón permanece inalterable na súa estructura e delimitación xeográfica. |
| 2.3. |
Historia arquivística |
A casa do concello, construída en 1898, é unha edificación en pedra, con baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta. A notable altura de cada planta permite o dobre aproveitamento nalgunhas zonas, como as que albergan o arquivo municipal.
Presenta un clásico estilo ecléctico e decimonónico, con amplas escalinatas e grandes espacios abertos, que condicionan o seu uso actual.
O local do arquivo, que nos inicios dos procesos de organización ocupaba o baixo cuberta, foi trasladado a dous espacios secundarios a cadanseu lado da escaleira principal, na entreplanta do baixo do concello.
Son un total de cincuenta e seis metros cadrados, que foron dotados dos equipamentos necesarios para a súa función, con accesos dificultosos e que na actualidade presentan problemas para seguir albergando novas transferencias documentais, o que conlevará a busca de solucións nun futuro inmediato.
A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1986, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade nos anos 1990, 1995, 1999, 2004 e 2009.
Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero Manuel Couto Nogueira Paula Fernández Bañuelos Esther Fernández Pérez Antonio José Groba Diéguez Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Rafael Sánchez Bargiela Irene Tapia Pena |
| 2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. |
|
 |
 |
 |
 |
| 3. Área de contido e estrutura |
| 3.1. |
Alcance e contido |
Consérvase unha porcentaxe considerable da documentación producida, especialmente nas últimas décadas, correspondendo na súa maior parte ó século XX.
Destaca do fondo a conservación case que total das actas do Concello, Comisión Municipal Permanente e de Goberno. O maior volume corresponde á documentación presupostaria, dende 1886; á contribución territorial rústica, dende 1853; ás obras municipais, dende 1890 e ó control das licencias de obras a particulares dende 1928.
Son moitas as series onde é notable a perda documental; entre elas destaca a referida ás eleccións, con documentación só dende 1946; ás quintas e milicias, dende 1938; á poboación, dende 1924 e ó persoal municipal, dende 1921. |
| 3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. |
| 3.3. |
Novos ingresos |
Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. |
| 3.4. |
Organización |
| CADRO DE CLASIFICACIÓN
1. GOBERNO |
|
|
| 1.1. CONCELLO / PLENO |
1836-1994 |
31 |
| 1.2. ALCALDE |
1939-1999 |
56 |
| 1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE |
1924-1996 |
32 |
| 1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS |
1950-1990 |
2 |
| |
|
|
2. ADMINISTRACIÓN
| 2.1. SECRETARÍA |
1930-1999 |
302 |
| 2.2. REXISTRO |
1938-1997 |
136 |
| 2.3. PATRIMONIO |
1874-1998 |
24 |
| 2.4. PERSOAL |
|
|
| 2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL |
1921-1996 |
45 |
| 2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL |
1936-1992 |
3 |
| 2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES |
1934-1994 |
10 |
| 2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL |
1929-1997 |
4 |
| 2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL |
1987-1999 |
1 |
| 2.5. SERVIZOS XURÍDICOS |
1941-2000 |
23 |
| 2.6. CONTRATACIÓN |
1924-1999 |
16 |
| 2.7. ARQUIVO |
1979-1998 |
2 |
3. SERVIZOS
| 3.1. OBRAS E URBANISMO |
|
|
| 3.1.1. PLANEAMENTO |
1940-1996 |
17 |
| 3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS |
1944-1996 |
22 |
| 3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS |
1867-2001 |
222 |
| 3.1.4. OBRAS PARTICULARES |
1928-1995 |
294 |
| 3.1.5. INDUSTRIAS |
1907-1997 |
93 |
| 3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS |
1844-1996 |
7 |
| 3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS |
|
|
| 3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS |
1950-1995 |
5 |
| 3.3.2. MATADOIRO |
1953-1995 |
9 |
| 3.3.3. AUGA |
1967-1994 |
19 |
| 3.3.4. OMIC |
1992-1993 |
1 |
| 3.3.5. PÓSITO |
- |
- |
| 3.4. TRANSPORTES |
1950-1993 |
2 |
| 3.5. SEGURIDADE CIDADÁ |
1904-1996 |
56 |
| 3.6. SANIDADE |
1905-1996 |
14 |
| 3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL |
1927-1996 |
25 |
| 3.8. EDUCACIÓN |
1905-1998 |
10 |
| 3.9. CULTURA |
1932-1999 |
30 |
| 3.10. DEPORTES |
1949-1997 |
2 |
| 3.11. POBOACIÓN |
1924-1998 |
208 |
| 3.12. QUINTAS E MILICIAS |
1938-1999 |
59 |
| 3.13. ELECCIÓNS |
1946-2000 |
26 |
4. FACENDA
| 4.1. INTERVENCIÓN |
|
|
| 4.1.1. ASUNTOS XERAIS |
1911-1994 |
1 |
| 4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS |
1886-1995 |
647 |
| 4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS |
1917-1982 |
20 |
| 4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS |
1981-1986 |
4 |
| 4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN |
|
|
| 4.2.1. IMPOSTOS |
1853-1995 |
259 |
| 4.2.2. TAXAS |
1931-1993 |
16 |
| 4.3. TESOURERÍA |
|
|
| 4.3.1. CAIXA |
1905-1994 |
66 |
| 4.3.2. RECADACIÓN |
1915-1995 |
51 |
| 4.3.3. CONTAS
BANCARIAS |
1939-1995 |
20 |
|
|
|
 |
 |
 |
 |
| 4. Área de condicións de acceso e utilización |
| 4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
| 4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
| 4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes. |
| 4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
| 4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 3.803 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 11.209 rexistros. |
|
 |
 |
 |
 |
| 5. Área de documentación asociada |
| 5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal. |
| 5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). |
| 5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. |
| 5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario Archivo Municipal de Ponteareas” Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 14 D.L.-PO-118-91 ISBN: 84-86845-65-3 *”Inventario arquivo do concello de Ponteareas” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 55 D.L. PO-324-04 ISBN: 84-8457-191-2 *"Arquivos municipais do Condado"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs.275-292 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *"Arquivos municipais do Condado"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista SOBEROSUM: Revista de Estudios Museo Municipal de Ponteareas. Tomo I, pgs. 233-246. *"Historia de Puenteareas"/ Mariano Piñeiro Groba, Clodio González Pérez.- Ponteareas: Centro Cultural Municipal, 1983 * Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es” |
|
 |
 |
 |
 |
| 6.1. |
Notas |
Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Ponteareas exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico. |
|
 |
 |
| 7. Área de control da descrición |
| 7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
| 7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
| 7.3. |
Data da descripción |
Xullo de 2004 |
|
 |
|
Copyright © 2002-2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124 http://www.depontevedra.es/ |
|
|