[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 25 DE ABRIL DE 2014 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Mondariz-Balneario


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Mondariz-Balneario

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36031.AMMONBAL.
1.2. Título Arquivo municipal de Mondariz-Balneario
1.3. Datas 1899-2013
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 961 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Mondariz-Balneario
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Mondariz-Balneario ocupa unha superficie non superior ós 2,5 quilómetros cadrados, cunha única parroquia, a de Nosa Señora de Lourdes, e tres entidades singulares de poboación: O Pazo, San Pedro e Mondariz-Balneario. Nelas residen algo máis de setecentos habitantes.

Inclúese este territorio no partido xudicial de Ponteareas e na comarca xeográfica do Condado; no antigo réxime pertencía á provincia de Tui ata a división constitucional. Neste proceso de establecemento definitivo dos concellos, culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Ponteareas, establécense os concellos de Mondariz, Ponteareas, Setados e Salvaterra de Miño.

O concello de Mondariz-Balneario xorde como escisión do concello de Mondariz a finais do ano 1924, logo dunha previa segregación parroquial que supuxo a creación da parroquia de Nosa Señora do Carme de Troncoso, nos comezos do século XX, logo denominada Nosa Señora de Lourdes. Tamén se produciu a constitución inmediatamente anterior dunha Entidade Local Menor nesta parroquia, o que vén a se-lo antecedente directo da súa segregación e configuración como concello diferenciado. Dende entón ata a actualidade mantense esta realidade administrativa, configurándose como un dos concellos máis pequenos do Estado.

2.3. Historia arquivística

O arquivo municipal atópase na casa do concello, edificio exento con baixo, de extraordinaria altura e dotado dunha relevante arcada, e dúas plantas, unha delas parcialmente abufardada; o interior deste edificio foi recentemente rehabilitado na súa meirande parte; acolle esta edificación os diferentes servizos municipais así como a biblioteca, gardería, museo e sala de exposicións.

O local específico do arquivo atópase nunha sala rectangular, nun dos laterais da sala de exposicións da segunda planta. Neste espacio instaláronse un total de setenta e cinco metros lineais de estantes metálicos para a colocación das unidades de instalación en caixas de cartón ríxido, que son suficientes para os fondos existentes na actualidade. Carece o local de luz natural e ventilación suficiente, pero dispón de mesa de traballo e consulta.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos nos anos 1995, 1998, 1999, 2002, 2005, 2007, 2010 e 2013.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Elena Aguete Landín
José Luis Castro Carpintero
Jacobo Domínguez Pedreira
María del Carmen Fariña Fernández
Manuela González Rey
Inés Pájaro Porral
Roxelio Guillerme Pérez Agulla
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Iñaki Varela Pérez
Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez
Roberto Rodríguez Álvarez
Julio Rafael Pereira Bernárdez
Alberto Aramburu García-Pintos
Fátima Baña Hernanz
Pablo Pastoriza Rozas
Paula Boullosa Rodríguez

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Non presenta particularidade ningunha con respecto doutros fondos municipais cunha notable presencia de testemuños das seccións Facenda e Servizos, conservándose a totalidade das actas de sesións dos órganos colexiados do Concello.
3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO 1924-2013 61
1.2. ALCALDE 1933-2013 39
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1924-2012 12
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1932-2009 4

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA 1922-2013 96
2.2. REXISTRO 1926-2011 28
2.3. PATRIMONIO 1927-2008 28
2.4. PERSOAL
     2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL 1925-2013 50
     2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL 1927-2011 5
     2.4.3. CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES 1938-1998 13
     2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL 1925-2009 14
     2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL 1960-2011 2
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1939-2011 7
2.6. CONTRATACIÓN 1930-2012 38
2.7. ARQUIVO 1946 1

3. SERVIZOS

3.1.OBRAS E URBANISMO
     3.1.1. PLANEAMENTO 1978-2007 10
     3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS 1946-2013 27
     3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS 1925-2013 130
     3.1.4. OBRAS PARTICULARES 1926-2012 146
     3.1.5. INDUSTRIAS 1920-2011 22
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1927-2011 14
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
     3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS 1924-2007 11
     3.3.2. MATADOIRO 1961-1982 1
     3.3.3. AUGA 1997-2012 8
     3.3.4. OMIC - -
     3.3.5. PÓSITO 1956-1999 2
3.4. TRANSPORTES 1997-2012 6
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1925-2012 26
3.6. SANIDADE 1925-2012 19
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1924-2011 20
3.8. EDUCACIÓN 1945-2012 26
3.9. CULTURA 1931-2012 11
3.10. DEPORTES 1981-2012 10
3.11. POBOACIÓN 1925-2006 23
3.12. QUINTAS E MILICIAS 1923-2000 20
3.13. ELECCIÓNS 1925-2012 31

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
     4.1.1. ASUNTOS XERAIS 1922-2009 10
     4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS 1925-2011 317
     4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS 1929-1965 8
     4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS - -
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
     4.2.1. IMPOSTOS 1925-2011 55
     4.2.2. TAXAS 1925-2012 14
4.3. TESOURERÍA
     4.3.1. CAIXA 1925-1991 16
     4.3.2. RECADACIÓN 1925-2011 13
     4.3.3. CONTAS BANCARIAS 1925-2012 20


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 1.421 rexistros.
Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 5.874 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello de Mondariz-Balneario”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 21
D.L. PO-411-00 ISBN: 84-8457-030-4
*"Arquivos municipais do Condado"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs.275-292
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
*"Arquivos municipais do Condado" / José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista SOBEROSUM: Revista de Estudios Museo Municipal de Ponteareas.
Tomo I, pgs. 233-246.
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro de 2013

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/03/2014 14:29
Copyright © 2002-2014, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/