[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 24 DE NOVEMBRO DE 2014 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Meis


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Meis

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36028.AMMEI.
1.2. Título Arquivo municipal de Meis
1.3. Datas 1912-2014
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 2.168 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Meis
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Meis abarca a parte noroccidental do Castrove chegando ata o Umia, linda cos concellos de Vilanova de Arousa, Portas, Barro, Poio, Meaño e Ribadumia e está integrado no partido xudicial de Cambados.

Conta cunha superficie de 52 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en 96 entidades de poboación e sete parroquias: A Armenteira, San Martiño e San Salvador de Meis, San Tomé, San Lourenzo e San Vicente de Nogueira e Paradela.

Historicamente estivo integrado na provincia de Santiago, con diferentes xurisdiccións: a de Cambados, con señorío do conde de Monterrei; a de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; e as da Lanzada e Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago.

Créase constitucionalmente este concello no ano 1836, dentro da configuración definitiva do partido xudicial de Cambados, coas mesmas parroquias actuais, sen máis cambios nestes anos de existencia que no referente á situación da súa capitalidade.

2.3. Historia arquivística

A casa do concello, reconstruída con posterioridade ó incendio sufrido en 1930 e modificada en 1973 e 1981, é un edificio de pedra, exento, distribuído en baixo e planta.

Recientemente remozado y reducida su superficie, ocupa un local cuadrangular, situado na ala dereita da planta baixa, con trinta metros cadrados de superficie e unha altura de tres metros e medio, cunhas axeitadas condicións de habitabilidade e boas condicións de ventilación e iluminación, proporcionadas por amplos ventanais.

Dótase este local dos equipamentos necesarios para o almacenamento da documentación conservada, composto basicamente por estantería metálica compactada, mesa de traballo e consulta, ordenador e ficheiro metálico, todo disposto tal e como representa o plano.

A organización da documentación conservada no arquivo do concello de Meis asúmea o Servizo Técnico do Patrimonio Documental no ano 1986, establecendo como obxectivos prioritarios a mellora do local do arquivo e a dotación de instrumentos descritivos ós fondos documentais conservados. Con posterioridade desenvolvéronse outras actuacións de reorganización e incorporación documental, así como a informatización dos instrumentos de descrición nos anos 1987, 1994, 1997, 2000, 2001, 2006, 2008, 2010, 2012 e 2014.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo
María Jesús Barral Varela
Esther del Castillo Fondevila
José Luis Castro Carpintero
María del Carmen Fariña Fernández
María Jesús Fernández Bascuas
Montserrat Fernández Vázquez
Manuela González Rey
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Leonor Rey Rey
María Torres Hermida
Jorge Abel Otero
Lara María Moldes González
Borja Mazaira Fernández
Alfonso Ferreiro Monteagudo
Mónica Núñez Carro
María Lede Pérez
Alfonso Gómez Martín
Alberto Aramburu García-Pintos
Iria Chaves Moledo
Antón Ulla Cobián
Fátima Baña Hernanz
Pablo Pastoriza Rozas

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Foi sensible a perda que supuxo o incendio de 1930, xa que con anterioridade a esta data, agás algún escrito, non se conserva documento ningún.

Con posterioridade a esta data dispón o concello dun arquivo completo, debidamente organizado, no que destacan as seccións de Facenda e Servizos, especialmente a documentación presupostaria e de control impositivo.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO 1930-2013 48
1.2. ALCALDE 1930-2013 28
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1930-2013 42
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1955-1996 2

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA 1931-2013 211
2.2. REXISTRO 1941-2013 208
2.3. PATRIMONIO 1930-2011 19
2.4. PERSOAL
     2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL 1930-2008 37
     2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL 1931-1967 2
     2.4.3. CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES 1934-2000 7
     2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL 1934-2013 18
     2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL 1953-1976 1
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1933-2012 29
2.6. CONTRATACIÓN 1932-2012 35
2.7. ARQUIVO 1931-1991 1

3. SERVIZOS

3.1.OBRAS E URBANISMO
     3.1.1. PLANEAMENTO 1956-2003 13
     3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS 1950-2011 69
     3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS 1931-2012 138
     3.1.4. OBRAS PARTICULARES 1934-2014 391
     3.1.5. INDUSTRIAS 1932-2013 79
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1935-2006 14
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
     3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS 1952-1984 4
     3.3.2. MATADOIRO 1933-1986 2
     3.3.3. AUGA 1966-2014 4
     3.3.4. OMIC - -
     3.3.5. PÓSITO - -
3.4. TRANSPORTES 1959-2010 3
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1931-2013 16
3.6. SANIDADE 1930-2014 26
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1931-2013 116
3.8. EDUCACIÓN 1930-2012 23
3.9. CULTURA 1951-2013 39
3.10. DEPORTES 1958-2010 13
3.11. POBOACIÓN 1930-2013 67
3.12. QUINTAS E MILICIAS 1924-1999 36
3.13. ELECCIÓNS 1933-2004 24

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
     4.1.1. ASUNTOS XERAIS 1988-2011 8
     4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS 1930-2012 476
     4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS 1930-1981 4
     4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS 1981 1
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
     4.2.1. IMPOSTOS 1926-2012 178
     4.2.2. TAXAS 1934-2012 12
4.3. TESOURERÍA
     4.3.1. CAIXA 1930-2006 10
     4.3.2. RECADACIÓN 1944-1995 2
     4.3.3. CONTAS BANCARIAS 1941-2012 26


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 2.476 rexistros.
Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 12.806 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario Archivo Municipal de Meis”
Col. "Plan de Organización de Archivos Municipales", nº 12
D.L. PO-116-91 ISBN: 84-86845-63-7
*“Inventario arquivo do concello de Meis”
Col “Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra”, nº 40D.L. PO-272-02 ISBN: 84-8457-109-2*
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Meis exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Maio de 2014

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/05/2014 08:18
Copyright © 2002-2014, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/