[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 20 DE XUÑO DE 2013 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Meaño


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Meaño

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AMU.36027
1.2. Título Arquivo municipal de Meaño
1.3. Datas 1846-2011
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 2.116 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Meaño
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Meaño sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Ribadumia, Meis, Poio, Sanxenxo e Cambados, dentro do que se coñece como Comarca do Salnés.

Conta cun total de 58 entidades de poboación dispersas en sete parroquias diferentes: Covas, Dena, Lores, Meaño, Padrenda, Simes e Xil, nas que residen algo máis de seis mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a da Lanzada na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago e que ocupaba as parroquias de Covas, Dena, Xil, Lores, Meaño e Padrenda; e o couto de Simes con xurisdiccións do mosteiro de San Xoán de Poio.

No proceso de establecemento constitucional dos concellos culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Cambados, establécense os concellos de Carril, Vilaxoán, Meaño, Meis, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

No caso de Meaño queda integrado polas sete parroquias que aínda hoxe o compoñen e non se ten producido modificación ningunha na súa configuración ó longo dos anos.

2.3. Historia arquivística

Dispóñense estes fondos na propia casa do concello, unha moderna edificación de finais dos anos setenta, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, amplo espacio no que se situou no seu día, trala oportuna reforma e adaptación, o arquivo municipal, con acceso directo dende as oficinas municipais.

Unha posterior reforma modificou a estructura da segunda planta, habilitando espazos para oficiñas e unha sala cuadrangular específica para o arquivo.

No ano 2012 habilitouse un novo local no semisoto da casa do concello, con estantería compactada, para complementar as instalacións existentes e dispor noesmo a documentación máis recente. .

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1991, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 1997, 1998, 2002, 2005, 2007, 2009 e 2012.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Isabel Balchada Bermúdez
José Luis Castro Carpintero
Iria Chaves Moledo
María Jesús Cuesta de Pedro
Pilar Gil Romero
María del Carmen Fariña Fernández
Manuela González Rey
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Francisco Redondo Abal
Carmen Touzón Fernández
María José Villanueva Viñas
María Lede Pérez
Alfonso Gómez Martín
Isabel Couso Bravo
Francisco Orge Ventín
Antón Ulla Cobián
Alberto Aramburu García-Pintos

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A práctica totalidade da documentación non vai máis alá de 1946 por mor da destrucción documental sufrido polo incendio da casa do concello e do xulgado de paz.

Estas perdas de fondos documentais do século XIX son moi significativas especialmente as dos libros de actas do Pleno. A maior parte dos fondos pertencen á sección de Facenda e de Servizos.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO 1946-2009 51
1.2. ALCALDE 1943-2009 38
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1946-2009 35
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1960-2009 10

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA 1846-2011 59
2.2. REXISTRO 1946-2011 173
2.3. PATRIMONIO 1946-2008 30
2.4. PERSOAL
     2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL 1947-2011 77
     2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL 1959-2000 3
     2.4.3. CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES 1958-2006 13
     2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL 1944-2010 26
     2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL - -
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1880-2010 13
2.6. CONTRATACIÓN 1941-2010 32
2.7. ARQUIVO - -

3. SERVIZOS

3.1.OBRAS E URBANISMO
     3.1.1. PLANEAMENTO 1967-2004 24
     3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS 1956-2010 68
     3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS 1863-2010 117
     3.1.4. OBRAS PARTICULARES 1946-2010 387
     3.1.5. INDUSTRIAS 1965-2011 79
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1947-2004 15
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
     3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS 1942-2000 11
     3.3.2. MATADOIRO 1951-1983 2
     3.3.3. AUGA 1947-2010 13
     3.3.4. OMIC - -
     3.3.5. PÓSITO - -
3.4. TRANSPORTES 1963-2002 4
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1956-2009 42
3.6. SANIDADE 1948-2007 17
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1940-2011 179
3.8. EDUCACIÓN 1948-2011 21
3.9. CULTURA 1967-2011 52
3.10. DEPORTES 1981-2010 7
3.11. POBOACIÓN 1945-2011 94
3.12. QUINTAS E MILICIAS 1943-2001 27
3.13. ELECCIÓNS 1945-2010 49

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
     4.1.1. ASUNTOS XERAIS 1985-2004 11
     4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS 1946-2011 496
     4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS 1950-1984 7
     4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS 1981-1982 1
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
     4.2.1. IMPOSTOS 1945-2011 133
     4.2.2. TAXAS 1946-2010 15
4.3. TESOURERÍA
     4.3.1. CAIXA 1946-1990 15
     4.3.2. RECADACIÓN 1943-2001 6
     4.3.3. CONTAS BANCARIAS 1950-2009 23


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 2.466 rexistros.
Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 14.313 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello de Meaño”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 20
D.L. PO-410-00 ISBN: 84-8457-027-4
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Meaño exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Febreiro de 2012

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/03/2012 12:29
Copyright © 2002-2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/