[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 26 DE SETEMBRO DE 2016 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Lalín


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Lalín

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36024.AMLAL.
1.2. Título Arquivo municipal de Lalín
1.3. Datas 1841-2011
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 6.393 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Lalín
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O territorio do concello de Lalín sitúase no norte da provincia de Pontevedra, no centro da comarca do Deza; linda cos concellos de Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro, Dozón, Irixo, Forcarei e Silleda.

Ocupa unha gran superficie, superior ós trescentos catorce quilómetros cadrados, con trescentas trinta e catro entidades de poboación dispersas nas corenta e oito parroquias actuais: Albarellos, Alemparte, Anseán, Anzo, Barcia, Bendoiro, Bermés, Botos, Busto, Cadrón, Camposancos, Cangas, Castro de Cabras, Catasós, O Cello, Cercio, Cristimil, Doade, Donramiro, Donsión, Filgueira, Galegos, Goiás, Gresande, Lalín, Lebozán, Lodeiro, Losón, Maceira, Madriñán, Méixome, Moimenta, Moneixas, Noceda, Palmou, Parada, Prado, Rodís, Santiso, Sello, Soutolongo, Val do Carrio, A Veiga, Vilanova, Vilatuxe, Xaxán, A Xesta e Zobra, nas que residen ó redor de vinte mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Lalín. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción do Deza, con señorío do conde de Lemos e da de Cambra, con señorío do arcebispo de Santiago.

Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século XIX chegaron a funcionar moitos neste territorio, entre eles os de Lalín, Bendoiro, Vilatuxe, Catasós, Lodeiro, Vilanova, Barcia, Bermés, Noceda, Cangas e Losón. Xa no proceso definitivo créase o concello de Lalín, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de corenta e oito parroquias.

2.3. Historia arquivística

No proceso de organización dos fondos documentais levado a cabo no ano 1989, de xeito provisional e na espera dunha futura mellora das instalacións municipais procedeuse a situa-lo arquivo na planta baixa da casa do Concello, en dous locais anexos, de escasa superficie e aproveitamento, antigas celdas, cunha condicións de habitabilidade moi mellorables.

A partir desta situación, que aínda se mantiña, acórdase o traslado dos fondos a un novo local, fóra do concello, no anterior local da biblioteca municipal, que conta hoxe tamén co “Museo de Títeres” na súa primeira planta. Ocupa o arquivo unha superficie aproximada de setenta metros cadrados, cunha ampla sala rectangular que se complementa cos espacios de acceso a esta; neste espacio dispuxéronse os equipamentos suficientes para a instalación da totalidade das unidades de instalación, contando con mesa de consulta, ficheiro e ordenador.

A construcción dunha nova casa do concello conlevou a dotación dun espazo planificado para o seu uso como arquivo municipal, no semisoto, a carón do garaxe. Distribúese en tres salas circulares, que respetan a estrutura diseñada polo arquitecto para o conxunto da moderna edificiación. Este espazo foi dotado de estantería compactada e tradicional.

O traslado pertinente da documentación e a súa reinstalación das novas dependencias poñen en valor este novo local e garanten a conservación futura da documentación.

A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, data a partir da cal se acometeu un novo proceso de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluído o traslado e sensible mellora dos equipamentos e do local, nos anos 2002, 2004, 2005, 2006, 2009 e 2011.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
José Luis Castro Carpintero
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Alberto Aramburu García-Pintos
María Esther Cimadevila Estévez
José Ramón López Fernández
María Josefa Piñón López
Teresa Túñez Landín
José Luis Varela Ledo
María Jesús Vidal Rodríguez
Berta Fernández García
Iria Chaves Moledo
Antón Ulla Cobián
Jorge Garcia Garcia
José Gago Garcia-Brabo

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A práctica totalidade dos fondos corresponde ó século XX, con notables perdas documentais, xa que non van máis alá os primeiros documentos conservados de moitas series: as de quintas (1902), eleccións (1941), padrón municipal de habitantes (1908), persoal municipal (1887) u obras particulares (1906).

Anteriores soamente destacarían os expedientes xudiciais da Alcaldía, referidos ás conciliacións celebradas diante do Alcalde dende 1852; os libros de actas do Pleno dende 1841, con pequenas lagoas de 1893 a 1900 e de 1912 a 1917, e a documentación dos diferentes impostos municipais dende 1857.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñecen
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello de Lalín”
Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 48
D.L. PO-282-03 ISBN 84-8457-160-2
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
*"Arquivos municipais na comarca do Deza"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 11, pgs. 247-263
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
*”Arquivos da administración local na comarca do Deza”/ Xosé Ramón López Fernández.
Descubrindo do Deza: anuario de estudios e investigación, nº 6. 2004, pgs. 403-429.
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Lalín exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 12:06
Copyright © 2002-2016, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/