[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 26 DE XULLO DE 2014 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Barro


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Barro

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36002.AMBAR.
1.2. Título Arquivo municipal de Barro
1.3. Datas 1839-2013
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 2.131 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Barro
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Barro sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra e linda cos concellos de Pontevedra, Moraña, Portas e Meis.

Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados cun total de cincuenta e tres entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas, nas que residen algo máis de tres mil cincocentos habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Peñaflor, na que o señorío pertencía ó conde de Graxal.

No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, correspondía ó concello de Trasumia; será no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Barro coas mesmas parroquias e disposición territorial que mantén hoxe.

2.3. Historia arquivística

Dispóñense estes fondos na propia casa do concello, unha moderna edificación de mediados do século XX, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, situada a carón da estrada N-550 que vai de Santiago a Tui.

Destaca nesta edificación o desenvolvemento da fachada principal na súa zona central, cunha pronunciada caída do teito cara ós laterais.

O local do arquivo municipal situábase inicialmente na baixo cuberta ata o recente traslado a un amplo local, habilitado para o efecto, situado no semisoto da casa do concello, con acceso directo dende a planta baixa, dedicada ás oficinas municipais.

É unha ampla sala cuadrangular con algo máis de corenta e cinco metros cadrados, dotada dun pequeno ventanal; nela instaláronse inicialmente preto de noventa metros lineais de estantes de madeira colocados en obra bordeando a sala, que foron complementados nunha posterior ampliación cunha estantería central metálica de vinte e cinco metros lineais, resultando todos eles, suficientes para os fondos existentes.

Conta ademais o local con mesa de consulta e traballo, ficheiro metálico para os instrumentos de descrición, renovada instalación eléctrica e un aparato deshumidificador para regular a humidade ambiental.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1992, acometéndose dende entón actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1999, 2002, 2005, 2007, 2008,2010, 2013 e 2014.

Os traballos de organización e descrición documental baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Isabel Balchada Bermúdez
José Luis Castro Carpintero
María Jesús Cuesta de Pedro
Vicente García Romero
Lara María Moldes González
Manuela González Rey
Mónica Núñez Carro
Cristina Peleteiro Gallego
Rosa Pérez Diz
María Puig Pérez-Quevedo
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
María Torres Hermida
Carmen Touzón Fernández
Ángela Garra Oubiña
Ángela Garra Oubiña
María Lede Pérez
Aída María Pérez Martínez
Alberto Aramburu García Pintos
Javier López Sáez
Pablo Pastoriza Rozas
Fátima Baña Hernanz

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A maior parte dos fondos documentais datan do século XX con notorias perdas documentais, especialmente significativas no referido ós libros de actas do Pleno onde non se conservan testemuños dende 1840 ata 1866 e de 1885 a 1888; tampouco se conservaron os libros de actas correspondentes á Xunta Municipal de Asociados.

Aquela documentación referida ó control e xestión presupostaria e ós impostos da contribución territorial rústica e urbana é a máis abundante e a máis antiga, só complementada no que se refire ó século XIX con algúns documentos de educación, obras municipais ou patrimonio.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO 1839-2011 60
1.2. ALCALDE 1929-2013 25
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1924-2011 35
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1964-2010 10

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA 1877-2013 103
2.2. REXISTRO 1926-2012 74
2.3. PATRIMONIO 1881-2013 50
2.4. PERSOAL
     2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL 1885-2012 100
     2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL 1931-1995 3
     2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES 1960-1997 9
     2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL 1927-2003 14
     2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL 1978-1995 1
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1901-2013 43
2.6. CONTRATACIÓN 1904-2013 64
2.7. ARQUIVO 1967-1999 2

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
     3.1.1. PLANEAMENTO 1993-2011 102
     3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS 1951-2012 72
     3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS 1884-2013 172
     3.1.4. OBRAS PARTICULARES 1912-2013 371
     3.1.5. INDUSTRIAS 1959-2012 77
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1881-2005 8
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
     3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS 1919-2001 5
     3.3.2. MATADOIRO 1888-1983 1
     3.3.3. AUGA 1990-2011 17
     3.3.4. OMIC - -
     3.3.5. PÓSITO 1953-1991 4
3.4. TRANSPORTES 1960-2011 6
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1883-2010 32
3.6. SANIDADE 1923-2012 26
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1900-2010 49
3.8. EDUCACIÓN 1871-2009 8
3.9. CULTURA 1949-2011 23
3.10. DEPORTES 1981-2012 14
3.11. POBOACIÓN 1840-2011 72
3.12. QUINTAS E MILICIAS 1904-2001 51
3.13. ELECCIÓNS 1920-2011 30

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
     4.1.1. ASUNTOS XERAIS 1872-2009 11
     4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS 1857-2011 493
     4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS 1951-1969 6
     4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS 1981-1983 2
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
     4.2.1. IMPOSTOS 1870-2012 159
     4.2.2. TAXAS 1928-2012 15
4.3. TESOURERÍA
     4.3.1. CAIXA 1867-1994 11
     4.3.2. RECADACIÓN 1846-2001 5
     4.3.3. CONTAS BANCARIAS 1965-2010 16


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 2.525 rexistros.
Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 11.820 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello de Barro”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 24
D.L. PO-414-00 ISBN: 84-8457-032-0
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xuño de 2014

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/07/2014 14:18
Copyright © 2002-2014, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/