[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 20 DE OUTUBRO DE 2014 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Agolada


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Agolada

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36020.AMAGO.
1.2. Título Arquivo municipal de Agolada
1.3. Datas 1840 - 2013
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 1.404 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Agolada
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Agolada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, nunha zona central de Galicia e dentro da comarca natural do Deza; está formado por 25 parroquias e 131 entidades de poboación.

O seu actual territorio pertencía na súa maior parte no antigo réxime á provincia de Santiago, agás catro parroquias que se integraban na de Lugo.

Nas primeiras divisións xudiciais, cando Galicia aínda era unha única provincia, foi adscrito ó partido xudicial de Melide e en 1822 ó de Lalín no que permanece dende esa data.

As parroquias do concello na etapa previa ó seu establecemento constitucional adscribíanse ás xurisdiccións de Abeancos, Boente, Borraxeiros, Camanzo, Carmoega, Ventosa e o Couto de Sesto, todas elas na provincia de Santiago; e ás xurisdiccións de Toques e de Basadre na de Lugo.

Ó amparo do R.D. do 23 de xullo de 1835 confórmase o novo concello, xunto cos outros do partido xudicial de Lalín, substituíndo ós que daquela viñan funcionando en Basadre, Ventosa e Borraxeiros.

No ano 1836 constitúese definitivamente este concello quedando integrado polas parroquias de: Agra, Artoño, A Baíña, Basadre, Berredo, Borraxeiros, Brántega, Brocos, Carmoega, Eidián, Esperante, Ferreiroa, Gurgueiro, Merlín, Órrea, Ramil, Santa Comba, San Paio de Bais, Sesto, O Sexo, As Trabancas, Val de Sangorza, Ventosa e Vilariño. Esta situación permanece sen alteracións significativas dende aquela.

2.3. Historia arquivística

No ano 1989 a construcción da nova casa do concello conlevou a mellora substancial das instalacións do arquivo municipal, producíndose o traslado documental ó novo local habilitado para este fin.

Esta casa do concello é unha edificación independente, con baixo e dúas plantas, situada na praza da vila; de nova construcción, presenta unha perfecta integración no seu contorno, tanto polos materiais empregados como pola apertura do edificio ó exterior, conseguida coa abundancia de ventás e o uso de balconadas corridas na súa fachada.

Concíbese como centro para instalar tódolos servizos municipais, contando para iso co espacio necesario, tanto no baixo coma nas dúas plantas do edificio.

Na planta baixa dispúxose a instalación do arquivo municipal, reservando unha sala rectangular; conta ademais cunha ventá á rúa lateral, o que garante condicións de ventilación e iluminación necesarias, regulables e controlables.

Foi dotado o arquivo das instalacións requiridas para permiti-lo manexo e a consulta dos documentos, contando cunha mesa de traballo e ficheiros, e para a súa conservación coa instalación da estantería metálica tradicional, disposta bordeando a sala, pegada ás paredes naqueles espacios que o permitían, e na parte central, sempre na procura do maior aproveitamento posible.

En 1989 organizouse de forma integral a totalidade dos fondos conservados e elaboráronse os instrumentos descritivos requiridos para o seu manexo e tratamento.

Con posterioridade desenvolvéronse actuacións de actualización e reincorporación documental nos anos 1999, 2003, 2007, 2010, 2011 e 2013.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Castro Carpintero, José Luis
Fernández Garza, Julia
Louro Tubío, María José
Pájaro Porral, Inés
Pérez-Santamarina Feijóo, Lourdes
Varela Ledo, José Luis
María Torres Hermida
María del Carmen Fariña Fernández
Angela Garra Oubiña
Alberto Aramburu García-Pintos
Alfonso Gómez Martín
María Lede Pérez
José Gago García-Brabo
Jorge García García
Fátima Baña Hernanz
Paula Boullosa Rodríguez
Pablo Pastoriza Rozas

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Practicamente total é a perda da documentación producida no século XIX, que tería que ser abundante tendo en conta que vén desenvolvendo actuacións continuadas dende 1836. Só os libros de actas, que por rigoroso imperativo legal deberían estar completos, e algún documento solto recordan neste arquivo que no século XIX houbo aquí un concello.

Da documentación conservada destaca aquela que recolle as actuacións e decisións dos órganos de goberno, que sería ademais a máis antiga do conxunto documental.

As actas do Pleno da corporación cobren o período dende 1840 ata a actualidade, aínda que se detectan carencias referidas ós anos 1836-1839, 1856-1859, 1889 e 1904. Por outra parte, a Xunta Municipal de Asociados, integrada por concelleiros e vocais asociados, especialmente con funcións de decisión e económicas, soamente conta con libros de actas do período 1902-1921, faltando as anteriores.

A Comisión Municipal Permanente conta con completos testemuños que recollen os seus debates, acordos e actuacións dende a súa creación no ano 1924, agás o período que abarca de 1931 a 1949 no que non chegou a funcionar.

Como adoita acontecer nos arquivos desta provincia a maior parte dos fondos corresponde a cuestións económicas, derivadas tanto da xestión presupostaría como da función recadatoria de impostos, taxas e arbitrios, aínda que os documentos máis antigos non van máis alá do ano 1919, no que se refire ós presupostos e ó ano 1916 na documentación da contribución territorial rústica.

Outra documentación que cómpre reseñar no conxunto deste arquivo será a relacionada coa colaboración do concello con outras administracións tanto nos procesos electorais, conservados sen continuidade, dende 1931 coma nos recrutamentos e quintas municipais dende 1895, ou a correspondencia xeral do concello dende 1927.

Especialmente escasos parecen os documentos derivados dos servizos municipais tales como o control urbanístico, a sanidade, o ensino ou a beneficencia.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO 1840-2011 42
1.2. ALCALDE 1931-2011 40
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1924-2011 22
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1986-2010 4

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA 1928-2012 53
2.2. REXISTRO 1927-2011 15
2.3. PATRIMONIO 1920-2009 36
2.4. PERSOAL
     2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL 1929-2012 63
     2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL 1933-2010 10
     2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES 1932-2010 17
     2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL 1924-2007 10
     2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL 1978-2007 3
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1934-2013 11
2.6. CONTRATACIÓN 1938-2011 32
2.7. ARQUIVO 1989-1990 1

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
     3.1.1. PLANEAMENTO 1973-2006 16
     3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS 1954-2011 72
     3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS 1920-2011 165
     3.1.4. OBRAS PARTICULARES 1928-2013 173
     3.1.5. INDUSTRIAS 1955-2013 98
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1932-2009 12
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
     3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS 1944-2000 8
     3.3.2. MATADOIRO 1944-1982 2
     3.3.3. AUGA 1983-2012 14
     3.3.4. OMIC - -
     3.3.5. PÓSITO 1953 1
3.4. TRANSPORTES 1954-2011 12
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1932-2012 20
3.6. SANIDADE 1928-2012 27
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1934-2013 122
3.8. EDUCACIÓN 1931-2011 20
3.9. CULTURA 1959-2013 30
3.10. DEPORTES 1980-2006 10
3.11. POBOACIÓN 1946-2012 62
3.12. QUINTAS E MILICIAS 1895-2002 33
3.13. ELECCIÓNS 1931-2011 34

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
     4.1.1. ASUNTOS XERAIS 1902-2011 10
     4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS 1904-2011 372
     4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS 1956-1972 2
     4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS 1981 1
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
     4.2.1. IMPOSTOS 1923-2010 156
     4.2.2. TAXAS 1966-2012 17
4.3. TESOURERÍA
     4.3.1. CAIXA 1914-2008 9
     4.3.2. RECADACIÓN 1934-2007 7
     4.3.3. CONTAS BANCARIAS 1945-2010 20


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 1.884 rexistros.
Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 9.074 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *”Inventario arquivo do concello de Agolada”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 8
D.L. PO-22-98 ISBN: 84-89690-28-6
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
*"Arquivos municipais na comarca do Deza"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 11, pgs. 247-263
*”Arquivos da administración local na comarca do Deza”/ Xosé Ramón López Fernández.
Descubrindo do Deza: anuario de estudios e investigación, nº 6. 2004, pgs. 403-429.
*"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2013

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/10/2013 08:50
Copyright © 2002-2014, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/