[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 31 DE XULLO DE 2010 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Webs temáticas » A Camelia 2005
A CAMELIA 2005 

deputación de pontevedra

XLI CONCURSO-EXPOSICIÓN DA CAMELIA

bases de convocatoria | solicitude de inscrición
solicitude de inscrición no concurso de escaparates
exposición da camelia pontevedra 2004

bases de convocatoria

Aprobadas pola Xunta de Goberno do concello de Vigo con data 24 de xaneiro.

PRIMEIRA.-
O Concello de Vigo organiza “XLI CONCURSO EXPOSICIÓN DA CAMELIA”, que terá lugar os días 26 e 27 de febreiro de 2005, nas instalacións do Consorcio da Zona Franca de Vigo (Peirao de Bouzas).

SEGUNDA.-
Poderán concorrer todas as persoas interesadas na camelia, profesionais ou afeccionados, nacionais ou estranxeiros, persoas físicas ou xurídicas, sempre que realicen a súa inscrición segundo o previsto nas presentes bases.

TERCEIRA.-
Poderán presentarse flores pertencentes a calquera variedade da camelia: xapónica, reticulata ou outras especies, así como calquera híbrido destas. Admitirase calquera forma de flor, dende a sinxela ata a dobre formal, e todas as formas intermedias.

CUARTA.-
Concederáselle o premio “CAMELIA DE OURO” ao/á concursante máis destacado/a en todo o conxunto de variedades que presentase. A quen se lle outorgue este premio, non poderá optar a ningún dos demais premios previstos nestas bases.

QUINTA.-
Así mesmo, establécese o premio especial denominado “Antonio Odriozola”, que se outorgará á flor máis destacada de todas as que optaren a este premio e que se exporá nunha mesa especial, en recipientes que facilitará a organización do evento. Cada concursante poderá presentar un máximo de cinco variedades, achegando unha só flor de cada unha delas; será requisito imprescindible que estean perfectamente identificadas co nome da especie e variedade á que pertencen.

SEXTA.-
Concederánselles un primeiro e segundo premio aos mellores lotes de cada unha das modalidades seguintes:

  1. Camelia xapónica branca.
  2. Camelia xapónica rosada ou doutras cores.
  3. Camelia xapónica vermella.
  4. Camelia xapónica xaspeada ou variegada.
  5. Camelia reticulata de cor uniforme (branca, rosada ou vermella).
  6. Camelia reticulata xaspeada ou variegada, e doutras cores.
  7. Camelia híbrida de cor uniforme (branca, rosada ou vermella).
  8. Camelia híbrida jaspeada ou variegada, e doutras cores.
  9. Outras especies de camelia sen diferenciación de cores.
  10. Mellor presentación artística das flores, soas ou acompañadas doutros obxectos e elementos decorativos, que se valorarán pola súa colocación artística.

Co obxecto de que os premios sexan distribuídos entre un maior número de concursantes, establécese que un mesmo concursante non poderá obter máis de dous premios dos establecidos na presente base sexta (si poderá optar aos premios “Antonio Odriozola” e ao concedido pola Asociación Española da Camelia), para o que o xurado seleccionará os dous lotes máis sobresaíntes de entre os que presentase.

Os lotes que participen en calquera das modalidades indicadas nesta base deberán ser o máis homoxéneos e representativos posibles da variedade á que pertenzan, e estarán formados por un mínimo de tres flores e un máximo de dez (salvo o caso das camelias pertencentes a outras especies, que poderán expoñerse sen limitación de número), e cando menos unha folla. Non obstante, en caso de igualdade entre varios lotes, o xurado decidirase en favor do lote formado por maior número de flores.

As únicas etiquetas que se poderán utilizar para indicar o nome das variedades serán as facilitadas pola organización; en caso de utilizar calquera outra, poderá ser motivo de descualificación; isto mesmo é válido para o nome do expositor.

SÉTIMA.-
Convocarase, ademais, un concurso de escaparates no que poderán participar todos aqueles establecementos comerciais do termo municipal de Vigo que o desexen. O xurado valorará a creatividade, novidade e composición do escaparate decorado con calquera variedade da camelia. O xurado concederá un primeiro e un segundo premio.

OITAVA.-
Establécese por último un premio especial concedido pola Asociación Española de Camelia ao/á concursante máis destacado entre os que participen por primeira vez no certame organizado na cidade de Vigo, con independencia de que se presentase en calquera das outras dúas sedes do concurso.

NOVENA.-
A inscrición no concurso realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dende o día seguinte á aprobación das presentes bases na Xunta de Goberno Local ata as 13,30 horas do día 18 de febreiro de 2005, nun impreso que se facilitará para este fin. Nesta inscrición deberá especificarse a modalidade ou modalidades na que se concursa e a superficie que se precisará para a súa exposición.

A superficie concedida a cada concursante quedará condicionada á orde de inscrición e en todo caso ás dimensións da sala de exposición.

DÉCIMA.-
Os/as concursantes presentarán os seus lotes de flores na sala da exposición entre as 09,00 e as 13,00 horas do sábado día 26 de febreiro, e poderán retiralos de 21,00 a 23,00 horas do domingo 27.

Pola súa banda, os comerciantes que participen no concurso de escaparates deberán ter a súa composición rematada antes das 12,00 do venres 25 de febreiro, momento no que o xurado comezará o percorrido para a súa valoración.

DÉCIMO PRIMEIRA.-
A exposición inaugurarase o sábado 26 de febreiro ás 19,00 horas coa lectura do dictame do xurado do concurso, agás cambio decidido pola organización.

DÉCIMO SEGUNDA.-
O xurado estará composto do seguinte xeito:

  • Presidente/a:
    - O concelleiro da Área de Asuntos Sociais ou persoa na que delegue.
  • Vocais:
    - O concelleiro da Área de Servicios Xerais ou persoa na que delegue.
    - Un representante designado pola Asociación Española da Camelia.
    - Catro persoas de recoñecido prestixio vencelladas á camelia e que serán designadas polo Concello de Vigo. Entre estas persoas, poderase invitar a algún concursante premiado coa “Camelia de Ouro” en edicións anteriores.
  • Secretario:
    Un técnico municipal do Concello de Vigo.

O xurado poderá declarar desertos algún/s dos premios establecidos nas bases e poderán conceder mencións especiais por outros conceptos distintos aos sinalados. En caso de empate, decidirá o voto de calidade do/da presidente/a do xurado.

DÉCIMO TERCEIRA.-
Os/as concursantes, polo simple feito de solicitaren a súa inscrición, coñecen e aceptan integramente as bases do concurso e sométense ás decisións da organización e do xurado. O veredito do xurado será inapelable.

DÉCIMO CUARTA.-
O/a presidente/a do xurado queda facultado/a para interpretar as bases e resolver calquera incidencia que ao longo do proceso de convocatoria e resolución do concurso puidese producirse.

Vigo, xaneiro de 2005.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 28/01/2005 05:05
Copyright © 2002-2010, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/