[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 26 DE MAIO DE 2012 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Notas de Prensa
Inicio Sección
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

NOTAS DE PRENSA 

A Deputación alcanza un acordo coa Asociación de Gaiteiros Galegos para poñer en marcha unha escola de música tradicional fusionada co proxecto existente na actualidade

José Juan Durán afirmou que o organismo provincial sempre defendeu “a conservación, a posta en valor a protección e o respecto do patrimonio cultural galego”



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Gabinete de Comunicación

06 XUÑO 2005


A Deputación de Pontevedra alcanzou un acordo coa Asociación de Gaiteiros Galegos para poñer en marcha unha escola de música tradicional na que estarán fusionados o proxecto presentado por este colectivo e o que actualmente se está a desenvolver en diferentes puntos da provincia en colaboración coa Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra. Esta medida foi consensuada esta tarde nunha reunión que mantivo o deputado delegado de Cultura, José Juan Duran, con Santiago Caneiro, presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos e outros representantes desta entidade.

José Juan Durán expresou a súa satisfacción por ter acadado este acordo e recordou que dende o primeiro momento a Deputación sempre defendeu “a conservación a posta en valor a protección e o respecto do patrimonio cultural galego”, tal e como ven recollido no convenio asinado o pasado día 6 de abril coa Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra. Do mesmo xeito, Durán agradeceu o diálogo e a boa dispoñibilidade da Asociación de Gaiteiros Galegos, así coma seu interese por preservar a música galega tradicional, “propósito que compartimos dende a Deputación de Pontevedra”, finalizou.

O novo proxecto fusionado contará cunha subvención de 100.000 euros que aportará a Deputación e comezará a funcionar entre os meses de setembro e outubro. Unha vez adoptado este acordo simplemente quedarán por resolver os detalles formais necesarios para poñelo en marcha.

BUSCAR NAS NOVAS
MAIO 2012
LMMXVSD
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/06/2005 19:52
Copyright © 2002-2012, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/