|
A Deputación distribuirá o luns 300 entradas para a gravación o martes en Soutomaior dun concerto do Xacobeo que TVE emitirá o 25 de xullo
Participarán Diego el Cigala e Bebo Valdés, The Corrs, Nek, Mariza, Diego Torres e Tribus Band
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Gabinete de Comunicación 30 ABRIL 2004
A Deputación de Pontevedra repartirá o vindeiro luns, a partires das dez da mañá, no Departamento de Actos Públicos, 300 invitacións gratuítas para asistir á gravación televisiviva que o Xacobeo 2004 e TVE realizarán no Castelo de Soutomaior o martes, día 4, a partir das dez da noite.
As invitacións serán repartidas por rigoroso orden e na cuantía de dúas por persoa, ata agota-las.
A gravación que se efectuará en Soutomaior será emitida por TVE, en cadea nacional e polo seu canle internacional, o 25 de xullo. Segundo informou o departamento de Programas de TVE, nela participarán Diego El Cigala e Bebo Valdés, The Corrs, Nek, a fadista portuguesa Mariza, Diego Torres e Tribus Band.
TVE e o Xacobeo 2004 facilitaron as anteditas entradas á Deputación de Pontevedra pola súa colaboración para dispor do Castelo de Soutomaior, propiedade da institución provincial. Segundo informou TVE, non se permitirá o acceso en coche ó castelo, polo que a cadea televisiva poñerá a disposición dos asistentes _con entrada_ un autobús que partirá dende o campo de fútbol de Salgueirón, en Arcade.
| | | |  | FEBREIRO 2010 |  |
| L | M | M | X | V | S | D |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
|