|
Remata o proceso de reincorporación e posta ó día no arquivo municipal de Soutomaior
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Patrimonio Documental e Bibliográfico 13 AGOSTO 2012
Persoal técnico da Deputación ven de rematar o proceso de reincorporación documental, que inclúe a actualización e informatización da información do arquivo municipal de Soutomaior, logo da pertinente actuación sobre os fondos documentais producidos nos últimos dous anos, coa intención de mellorar a súa conservación e permitir a pronta localización para o uso en manexo no funcionamento da Administración e no seu caso por parte dos cidadáns interesados.
O Servizo Técnico do Patrimonio Documental organizou o conxunto documental, coa mesma estrutura e formulación técnica có resto da provincia, continuando os procesos xa desenvoltos neste arquivo municipal nos anos 1991,1994, 2006, 2007, 2008 e 2010. Elaboráronse os instrumentos de control e información necesarios: cadro de clasificación, inventario somero e inventario detallado, utilizando para isto os medios informáticos habituais, destacando entre eles a base de datos do inventario detallado, con 16.026 rexistros.
O resultado final supón que o concello conta cos seus fondos documentais organizados, nun total de 2.136 unidades de instalación que conteñen documentos dende 1853 ata o 2012.
Fisicamente disponse a documentación en tres locais debidamente habilitados para esta finalidade, dous deles no baixo cuberta e o terceiro no semisoto habilitado no seu día logo da ampliación da casa do concello, contando este último con estantería compactada.
| | | |  | MAIO 2013 |  |
| L | M | M | X | V | S | D |
| | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | | |
|