[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 19 DE XUÑO DE 2013 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es

 

O deputado, Xosé López Campos, será o encargado de realizar a ofrenda con motivo da Peregrina



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Gabinete de Comunicación

07 AGOSTO 2012


O deputado provincial, José López Campos, será o encargado de realizar este ano a ofrenda institucional da provincia á súa padroa, a Virxe Peregrina, cola lectura do tradicional pregón. Campos asumirá o papel de oferente, en nome do partido xudicial de A Estrada.

O evento terá lugar o vindeiro domingo, 12 de agosto cando a partires das 11:30 horas os membros da corporación provincial sairán de diante do Pazo Provincial para, posteriormente, pasar por diante do Concello onde se poderán sumar os membros da corporación local de Pontevedra, para finalmente dirixirse ata o Santuario da Peregrina a través da rúa Michelena.

A ofrenda institucional realizarase, como se fai tradicionalmente, perante a misa solemne que se celebra en honor a la Virxe. Compre recordar que o ano pasado foi o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o que realizou esta ofrenda en nome, nese caso do partido xudicial de O Salnés.Pola súa banda, o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, fora encargado de dirixir o oficio relixioso.



BUSCAR NAS NOVAS
XUÑO 2013
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/08/2012 09:49
Copyright © 2002-2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/