|
A Deputación concede ao Celta de Vigo a medalla de Ouro da Provincia do ano 2012
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Gabinete de Comunicación 24 XULLO 2012
A Deputación de Pontevedra concedeu a Medalla de Ouro da provincia do 2012 ao Real Club Celta de Vigo. O presidente, Rafael Louzán, presentou esta iniciativa que foi aprobada por unanimidade de todos os grupos.
O clube vigués ven a unirse, deste xeito, as entidades que, dende a constitución das Medallas da provincia no ano 2005, obtiveron o devandito galardón. Esas entidades foron: Caixanova (2005), Citroën (2006), Pescanova (2007), Fróiz (2008), Escola Naval Militar de Marín (2009), Confederación Provincial de Empresarios (2010) e BRILAT (2011).
O Real Club Celta de Vigo naceu o 23 de agosto de 1923 como resultado da fusión de dous clubes da cidade de Vigo: o Vigo Sporting e o Real Fortuna. O seu primeiro presidente foi Manuel Bárcena e De Andrés, Conde de Torrecedeira. O actual estadio de Balaídos foi inaugurado en 1928. O clube xogou 46 tempadas en Primeira División e 32 en Segunda
Entre os seus logros máis destacados, figuran que foi tres veces subcampión de Copa, que participou unha vez na Liga de Campións e 6 na Copa da UEFA así como que foi campión da Intertoto da UEFA.
Louzán xustificou a súa proposta non só no ascenso acadado este ano á División de Honor senón por toda unha traxectoria histórica que fai do Celta de Vigo o equipo máis representativo de Galicia, o mellor embaixador das Rías Baixas e do país, o profundo arraigo do clube no corazón dos vigueses e dos galegos así como ser, tradicionalmente, o que máis apoio presta á canteira e ao deporte base. “Ser celtista é ter un plus de galego”, destacou o presidente da Deputación.
| | | |  | XUÑO 2013 |  |
| L | M | M | X | V | S | D |
| | | | | 1 | 2 |
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
|