|
A Deputación asina un convenio con Citroën para comprar 20 vehículos para entidades sen ánimo de lucro
A través dun convenio similar, xa no 2008 dotou deste tipo de vehículos, en moitos casos adaptados, a 80 asociacións da provincia
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Gabinete de Comunicación 24 XULLO 2012
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou hoxe un convenio con Citröen para dotar de 20 vehículos de transporte de persoas (ata nove prazas) a Institucións e Entidades Sociais sen ánimo de lucro, con fins asistenciais ou deportivos.
Según explicou o director comercial de Citröen, Gonzalo Macías, a empresa participa no convenio aportando, en forma de desconto, o 38 % sobre o prezo franco fábrica incluído o equipamento para a adquisición dos vehículos das gamas Jumpy e Jumper. Da cantidade restante, a Deputación financiará o 60 % do seu importe ata un máximo de 180.000 euros. Os posibles beneficiarios do acordo (as entidades sen ánimo de lucro) asumirán o 40% do prezo do vehículo e os os gastos de matriculación e adaptacións que consideren necesarias realizar para o cumprimento das súas funcións.
O convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2013 e poderán acollerse a él as institucións e entidades sen ánimo de lucro da provincia que poderán elixir, no concesionario que consideren oportuno, dentro das gamas dos modelos ofertados por Citroën, aqueles que consideren máis axeitados para as súas necesidades.
A Deputación establecerá o procedemento adecuado para a selección dos posibles beneficiarios, con quen subscribirá de forma individual o oportuno convenio. A selección efectuarase a través dunha comisión. A selección efectuarase atendendo o tipo de entidade beneficiaria, número de posibles usuarios do vehículo, urxencia na súa adquisición, carácter do servizo que presten, tenencia ou non de vehículos similares e antigüidade dos mesmos, ámbito de actuación, etc. Terán prioridade aqueles peticionarios que non puideran ser atendidos na anterior convocatoria.
No ano 2008, a Deputación subscribiu un convenio similar con Caixanova (entón), Citröen e a propia institución provincial que permitiu a dotación de 80 vehículos a asociacións sen ánimo de lucro cunha inversión superior os 2.400.000 euros.
Daquela, foi tal a demanda de peticionarios que non se puideron atender todas as solicitudes efectuadas. Por iso considérase necesario levar a cabo unha nova acción, que permita poder axudar a aqueles demandantes que non viron satisfeitas as súas necesidades naquel intre e que novamente o soliciten, así como atender novas peticións.
No convenio do 2008, un tercio dos 80 vehículos eran adaptados para os discapacitados.
Louzán remarcou a importancia social da iniciativa, que repercutirá no servizo e na seguridade dos nenos (na maioría dos casos) que atenden as asociacións en canto que renovará a flota de este tipo de entidades sociais. E agradeceu a colaboración de Citröen “unha entidade que ten demostrada a súa implicación coa provincia e amosa, unha vez máis, a súa proximidade e compromiso con ela”, concluíu.
|