[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 24 DE MAIO DE 2013 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es

 

A Deputación mellorará as instalacións dos clubs de remo San Bartolomé e Tirán, de Moaña

Louzán reuniuse esta mañá co alcalde de Moaña e cos presidentes dos clubs, aos que lles confirmou o compromiso da administración provincial



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Gabinete de Comunicación

08 XUÑO 2012


A Deputación Provincial de Pontevedra investirá 30.000 euros nas obras de mellora e acondicionamento das sedes dos clubs de remo San Bartolomeu de Meira e Sociedade Deportiva Tirán, en Moaña, segundo lle confirmou esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán, aos presidentes dos clubs e ao alcalde de Moaña, nunha xuntanza celebrada no Pazo Provincial.

O orzamento dos traballos será de 15.000 euros para cada club e permitirá corrixir as deficiencias que presentan ambos edificios e que foron comprobadas in situ pola deputada provincial, Begoña Estévez, nunha visita realizada a Moaña a finais de maio.

A recepción de Rafael Louzán aos presidentes dos clubs de remo prodúcese despois da entrevista mantida fai uns días co alcalde de Moaña, onde José Fervenza lle trasladou a necesidade de mellorar unas instalacións deportivas que son usadas a diario por numerosos deportistas.

Os presidentes dos clubs sinalaron que a principal necesidade do San Bartolomeu é a reforma dos vestiarios, co obxectivo de dotalos de máis espazo para as numerosas mulleres que na actualidade compiten neste club, así como a dotación dun quentador de auga con maior capacidade, dado que nos últimos anos se incrementou notablemente o número de usuarios do centro.

En canto á Sociedade Deportiva Tirán, presenta goteiras e humidades, danos na cuberta e gretas exteriores.

Rafael Louzán amosou o compromiso da Administración provincial co deporte, o que tamén inclúe a construción e mellora de infraestruturas deportivas, xa que delas depende que se poida practicar a actividade física de forma axeitada.



BUSCAR NAS NOVAS
MAIO 2013
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/06/2012 21:34
Copyright © 2002-2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/