[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 21 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es

 

A Deputación de Pontevedra presenta o libro "Vilagarcía. A perla de Arousa"

Vilagarcía.
A perla de Arousa


DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

10 AGOSTO 2010


A Editorial da Deputación de Pontevedra presentará o vindeiro 10 de agosto de 2010 o libro “Vilagarcía de Arousa”, título pertencente á Colección “A provincia en imaxes”, na que figuran entre outros: “A Vilagarcía das vellas postais”, “Marín en las tarjetas postales antiguas 1902-1945”, “Vigo y los tiempos vividos al trasluz de la postal antigua”, “O Grove. Foron outros tempos” e “El balneario de Lérez. La aventura termal de Casimiro Gómez”.

Ó acto, que terá lugar ás 20.30 h. no auditorio de Vilagarcía de Arousa, asistirán o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán Hermida, o historiador Manuel Suárez Fuentes e o coeditor do libro, José Luis Teófilo Piñeiro.

O libro, encadernado en cartoné e con 451 páxinas, fai un percorrido en imaxes pola historia da vila de Vilagarcía de Arousa; dende a súa fundación no século XIV, como un pequeno burgo mariñeiro que se chamou Villa de García, ata os nosos días.

Retrátase unha das transformacións sociais, económicas e urbanísticas máis importantes da historia galega. A publicación amósanos a devoción dos vilagarciáns polo seu patrón, san Roque, festa de interese turístico nacional que se celebra desde o século XVII; a gran tradición deportiva da vila, primeira localidade española na que se disputou un partido de fútbol en 1873. As súas institucións, as súas escolas, as súas xentes.. todo este conxunto constitúe a Perla de Arousa.

Na década dos 50 Vilagarcía evolucionou moito social e economicamente, comezando a súa conversión na cidade que hoxe é, a oitava máis importante de Galicia. O porto da vila foi un dos factores máis dinamizadores deste cambio no século XX.

Esta publicación viu a luz grazas ó intenso traballo de recompilación das imaxes, levado a cabo pola coordinadora do libro, María Lourdes Agra Paz, a editorial Teófilo Comunicación e o Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra, que reuniron máis de 500 instantáneas cedidas polos veciños de Vilagarcía de Arousa.

Durante a presentación actuarán Rosa Leiro, Paula Hermida e proxectarase o vídeo Cuéntame.



BUSCAR NAS NOVAS
AGOSTO 2017
LMMXVSD
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 12/08/2010 12:58
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/