[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 25 DE SETEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es

 

A Deputación inviste máis de 730.000 euros no proxecto “Pontevedra Industrial Dixital" de dinamización do territorio provincial



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Gabinete de Comunicación

24 ABRIL 2010


A Deputación de Pontevedra, a través da súa Unidade de Promoción e Desenvolvemento, ten solicitado proxectos para a provincia por valor de 2.650.539 euros. De entre eles, destaca o plan “Pontevedra Industrial Dixital”, para o que se destinarán 731.339 euros.

Con este proxecto, a Deputación busca promover a dinamización do territorio provincial mediante a creación do portelo P.I.D. no que aglutinar toda a información necesaria para a creación dunha empresa, dende a disponibilidade de solo industrial, imfraestruturas disponibles, datos socioeconómicos da zona, subvencións, etc.

Realizarase un traballo de campo intensivo que permita ós técnicos inventariar, xeoreferenciar e dixitalizar os polígonos empresariais, as industriais instaladas, as parcelas valeiras, o número de traballadores empregados, a tipoloxía dos demandante de emprego da zona, etc.

Deste xeito, o plan, que contará cun equipo de traballo de 10 persoas durante dous anos, contribuirá a manter o desenvolvemento sustentable, ó fortalecemento da actividade empresarial e á xeración de emprego e autoemprego.

Novos proxectos

Ademais solicitaronse os proxectos “Obradoiro de emprego Forcarei I”, con especialidades de xardinería, albanelería, carpintaría e atención a persoas, e “Lalín Dixital”, orientado a especialidades de deseño e mantemento de páxinas web.

Agora mesmo a UPD está a iniciar novos proxectos, para presentar antes do 15 de xuño, en colaboración cos concellos de Gondomar (rehabilitación do colexio e de servizos sociosanitarios a dependentes), Ponteareas (área recreativa fluvial e acondicionamento de parques e xardíns), Moraña (posta en valor de carballeiras e zonas verdes e mobiliario para a aula de interpretación cultural) e Poio (atención sociosanitaria a dependentes)



BUSCAR NAS NOVAS
SETEMBRO 2017
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/04/2010 17:55
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/