[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 25 DE NOVEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es

 

A Deputación pon en marcha unha unidade de promoción e desenvolvemento cun investimento de 813.450 euros

A iniciativa está orientada a promover a inserción laboral dos demandantes de emprego de toda a provincia de Pontevedra



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Gabinete de Comunicación

14 XANEIRO 2010


O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou hoxe a Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD), unha iniciativa orientada a Promover a Inserción laboral das persoas demandantes de emprego da provincia.

Este proxecto conta cun un investimento de 813.450,75 dos cales 720.689,28 proceden de unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar, sendo os custes laborais e de funcionamento do proxecto cofinanciados ó 80% pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo.

Os eixos de actuación da UPD serán a promoción local e do emprego, o apoio e desenvolvemento ao programa de escolas obradoiro e obradoiros de emprego, o apoio e creación de proxectos, e actuacións en materia de igualdade de oportunidades, medioambiente e novas tecnoloxías.

Segundo manifestou Louzán, “con esta iniciativa pretendemos construír unha política de emprego integrada e planificada e estruturando accións que sexan útiles para os cidadáns, en primeiro lugar, e para os concellos como beneficiarios directos da xestión desta Deputación, en segundo lugar”.

O período de actuación e de dous anos. Para desenvolver a iniciativa a Deputación seleccionou a un equipo de traballo composto por 10 persoas; 5 licenciados, 3 técnicos medios e dúas persoas de apoio; divididos en catro departamentos.

Este equipo traballará concretamente no asesoramento para realización de obradoiros de emprego e escolas obradoiro e na creación dunha oficina de información europea para o emprego que prestará apoio na xestión de proxectos europeos. Tamén apoiarán a execución de plans de emprego e de igualdade de oportunidades, asesorarán ós técnicos locais de emprego do ámbito provincial e fomentarán a introdución das novas Tecnoloxías.

No marco deste proxecto preténdese, do mesmo xeito, promover a inserción laboral de desempregados a través de medidas de sensibilización, fomentar o autoemprego e promover viveiros empresariais para emprendedores, apoiar, colaborar e difundir a implantación de novas empresas e a creación de chan industrial, fomentar a concienciación sobre a problemática medio ambiental, e a aplicación do principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

O presidente da Deputación recordou que a Deputación xa desenvolveu unha UPD no período 2003-2005 “que se paralizou na época do bipartito, a pesar das importantes labores levadas a cabo no eido da inserción laboral”. Neste senso, Louzán puxo de relevo o acerto da actual Consellería de Traballo “por confiar na Deputación para desarrollar outra UPD”.

Finalmente, o presidente recordou que as instalacións de Príncipe Felipe acollen actualmente un obradoiro de emprego denominado “mobilia” a través do cal reciben formación na construción de mobiliario urbano.



BUSCAR NAS NOVAS
NOVEMBRO 2017
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 01/02/2010 14:54
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/