[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 31 DE XULLO DE 2010 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Notas de Prensa
Inicio Sección
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

NOTAS DE PRENSA 

A Deputación de Pontevedra inclúe nos seus presupostos partidas para o circuito de alta velocidade entre Mondariz e Pazos para un estudio sobre necesidades de vivenda



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Gabinete de Comunicación

14 NOVEMBRO 2007


Os presupostos da Deputación de Pontevedra para o vindeiro ano de 2008 rondarán os 145 millóns de euros, según anunciou hoxe, en rolda de prensa, o vicepresidente provincial, José Manuel Figueroa.

As contas provinciais incluirán unha partida económica para realizar o anteproxecto do Circuito de Alta Velocidade que a Deputación prevé construir nunha zona forestal de 200 hectáreas nos concellos de Mondariz e Pazos de Borbén, próxima á AP-9, á futura A-52 ou á Zona Franca de Vigo onde se ubica a factoría PSA Peugeot Citröen, entre outras firmas.

Según explicou Figueroa, a Deputación xa tén realizado o estudio de viabilidade do Circuito e, unha vez confeccionado o anteproxecto, a Xunta será a encargada de autorizar o carácter supramunicipal da instalación.

Os terreos onde se prevé construir o Circuito de Alta Velocidade Rías Baixas pertencen a comunidades de montes veciñais de mán común dos devanditos concellos de Pazos e Mondariz, a quénes José Manuel Figueroa e o propio presidente da Deputación, Rafael Louzán, agradeceron a súa boa disposición e máxima colaboración para facilitar a obra.

O estudio de viabilidade da Deputación Provincial define usos do Circuito para acoller competicións deportivas, entrenamentos, presentacións e evaluación de vehículos, asi como cursos de conducción e seguridade vial, e instalacións complementarias. Según as directrices da Federación Internacional de Automovilismo (FIA), a lonxitude do Circuito deberá ser en torno ós 3,5 kilómetros, con un ancho de pista entre 12 e 15 metros.

Outras liñas das contas provinciais, adelantadas por José Manuel Figueroa, son para realizar un Estudio das Necesidades de Vivenda nos concellos da provincia, en vista do parón do sector e da paralización dos Plans Xerais que ven realizando a Xunta. Un Consorcio para a recollida de residuos urbáns, outro dos cinco parques de bombeiros da provincia, a potenciación do IPESPO e do polígono Barro-Meis, así como a cooperación cos concellos, son outras prioridades do presuposto provincial para o 2008.

BUSCAR NAS NOVAS
XULLO 2010
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/11/2007 17:17
Copyright © 2002-2010, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/