[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 26 DE MAIO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es

 

Louzán anuncia a próxima instalación en Meis das sesenta pezas de canteiría que reproducen unha aldea rural no acto de inicio do curso da Escola de Canteiros



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Gabinete de Comunicación

16 OUTUBRO 2006



O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou hoxe, no acto de inicio do curso da Escola de Canteiros da institución provincial, a próxima instalación en Meis (Pontevedra) das 60 pezas de canteiría que reproducen unha aldea rural.

Louzán sinalou que os 44 alumnos que hoxe iniciaron o curso no centro dependente da institución provincial acometerán este ano outros dous ambiciosos proxectos: a reproducción, a través de 40 pezas, dunha vila mariñeira, e a construcción en pedra dun conxunto escultórico que reproduce o mundo da emigración. Os dous novos proxectos non teñen, polo de agora, a súa ubicación definida.

A vila do mar contará con un faro de 7 metros de alto, reproduccións de barcos e lanchas, de figuras de traballadores, como redeiras, mariñeiros, etc.. E o conxunto escultórico da emigración reproducirá elementos que evocan a diáspora galega, como un peirao, unha aduana, despedidas, motivos de lembrazas, etc.

Respecto da aldea rural en pedra que se instalará en Meis, conta con elementos tradicionais galegos como un hórreo de seis pés con reloxo de sol e cruz artística, unha capela, un carro de vacas, unha cociña de pedra, un forno de bóveda, unha fonte circular, un muiño de auga, un cruceiro, figuras humanas en diferentes actitudes e traballos, animais domésticos, distintos aparellos de labranza e mobiliario diverso.

A Escola de Canteiros de Pontevedra participará este ano no certame Granitum Centrum, que se celebra en Baviera (Alemania), e nos actos do certame de canteiría e pedra que terá lugar en Madrid.

Na inauguración do novo curso, Louzán suliñou que a Escola da Deputación non tén parangón en Galicia pois, dende 1983, ven sendo o único centro que forma alumnos no traballo artesanal en pedra. Destacou que tódolos alumnos do centro acadan traballo ó rematar os seus estudios, pola súa formación e alta consideración no mercado de traballo, e lembrou que o centro forma nunha actividade decisiva para manter, ou recuperar, os sinais de identidade de Galicia, a cultura da pedra, e incluso para proxecta-la fora. Cruceiros da Escola figuran en todo o mundo, dende Manila (Filipinas) ata Río Gallegos (Arxentina), pasando por lugares como Fortaleza (Brasil), Nueva York (USA), Bruselas (Bélgica) ou La Paz (Bolivia), entre outros moitos.

Na actualidade, a Escola de Canteiros de Pontevedra asesora, dirixe e forma con catro profesores unha Escola de Canteiros en Quixeramobim (Brasil) na que toman parte 15 alumnos brasileiros.

O acto de inauguración do novo curso, levado a cabo por Rafael Louzán, asistiron, entre outros, o vicepresidente, José Juan Durán, o alcalde de Poio, Luciano Sobral, o director da Escola, Rafael Fontoira, e Javier Lores Rosal, presidente da Asociación Galega de Amigos dos Muiños, que imparteu a conferencia inaugural sobre o patrimonio etnográfico galego que supoñen os vellos muiños.



BUSCAR NAS NOVAS
MAIO 2018
LMMXVSD
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 17/10/2006 08:04
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/