[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 26 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Documental » Arquivo Deputación Provincial » Ficha técnica

Páxina [1] 2 3 4
PATRIMONIO DOCUMENTAL 

Arquivo Deputación Provincial de Pontevedra
Archivo Diputación Provincial de Pontevedra

Ficha técnica

[Prema (click) para ampliar a imaxe]
  • Acceso
    Acceso libre sen requisitos específicos, agás os derivados da lexislación estatal e autonómica vixente.
    Todos os cidadáns teñen dereito a acceder ós arquivos e rexistros administrativos da Deputación conforme o art. 105 b) da Constitución e demais disposicións vixentes.
    O dereito de acceso a rexistros, arquivos e á información pode limitarse para aqueles documentos que segundo a lexislación conteñen datos ou información que, pola súa consulta pública poidan lesionar os dereitos doutras persoas ou colectivos.

  • Horario
    De luns a venres, de 8´30 a 14´30

  • Enderezo
    Rúa Padre Amoedo, 1
    36002 PONTEVEDRA
    Teléfonos: 886201000 - 986 804 100
    Fax: 886 201 180
    E-mail: arquivo@depo.es
    Dirección páx. web: arquivos.depo.es

  • Servizos
    • Servizos internos
      • Á propia Deputación, que inclúe a información, en calquera fórmula, ou o préstamo directo de todo documento orixinal.


    • Servizos externos
      • Servizo a outras administracións públicas, mediante consulta, copias e certificacións, daqueles documentos que lles sexan necesarios para o desenvolvemento das súas funcións recoñecidas por lei. Tamén a comunicación dos datos contidos no arquivo que necesiten por motivos históricos, científicos ou culturais.
      • Servizo ós cidadáns, dende a premisa de que inicialmente os cidadáns poden consultar calquera documento, excepto aqueles que conteñan datos de acceso restrinxido pola lei.
        Inicialmente pode consultarse directamente ou obter informes, copias, certificacións e compulsas de todo documento de libre acceso, salvo que se prexudicara de forma sensible a conservación do documento, ou que entorpeza o normal desenvolvemento do servizo.
      • Servizo ós investigadores, co fin de contribuír e fomentar a investigación histórica tanto da provincia de Pontevedra coma das diferentes entidades locais que a forman, estimulando especialmente o uso e consulta dos fondos documentais, sen limite temporal e co uso dos medios de información e reprografía dispoñibles.


    • Difusión cultural, pola que o arquivo, dentro da planificación xeral do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, procura a difusión e dinamización do patrimonio documental mediante a organización das actividades culturais posibles: xornadas de historia e heráldica, cursos de formación, exposicións, publicacións, visitas...etc.


  • Instalacións e recursos
    Para poder ofrecer os diferentes servizos dispón a arquivo dunha serie de recursos, medios e equipamentos:
    • Sala de consulta, dotada con:
      • Dezaseis postos permanentes de consulta, con catro puntos de acceso informático.
      • Diferentes instrumentos de descrición con acceso informático.
      • Lector-reproductor de microfilme e microfichas.
    • Reprografia: reproducción de documentos mediante fotocopia, tanto de papel coma de microformas e microfilmes.
    • Biblioteca auxiliar especializada en arquivística para consulta dos usuarios constituída basicamente por manuais, obras de referencia e instrumentos de descrición e información doutros arquivos.
[Prema (click) para ampliar a imaxe]

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2016 11:00
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/