|
Xunta de Goberno do 03/06/2005
Extracto de acordos adoptados pola Xunta de Goberno
da Excma. Deputación Provincial en sesión
celebrada o día 3 de xuño de 2005.
- Apróbase o borrador da acta da anterior sesión,
ordinaria, do 27 de maio de 2005.
- Acórdase a devolución de garantías definitivas.
- Apróbase o proxecto modificado nº 1 de
“Mellora de rodadura E.P. 3301 Rosal-Portocelo
(Rosal)”.
- Apróbanse varios proxectos de obra.
- Apróbase o Convenio de colaboración entre
a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra
e o Concello de Cotobade para a adquisición
dun vehículo de recollida de lixo.
- Apróbase o Convenio de colaboración entre
a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra
e o Concello de Valga para rematar as
obras de beirarrúas, servizos e alumeado en
Baño, e as do Pavillón Municipal de Beiro.
- Apróbase o expediente de contratación, mediante
concurso, procedemento aberto para
a contratación do subministro e instalación
de 73 equipos informáticos para diversos
concellos da provincia de Pontevedra.
- Comunicacións: Non houbo.
Fóra da orde do día
- Acórdase transferir a achega do feder do
socio Deputación de Ourense correspondente
á primeira certificación de gastos presentada
ante a autoridade de Xestión Comunitaria
o 01-02-2005 (Proxecto Deputrans-Interreg
III-A).
- Apróbase o convenio de colaboración entre
o concello de Forcarei e a Excma. Deputación
de Pontevedra para a adquisición dun
vehículo de recollida de lixo.
- Ratifícase o convenio marco de cooperación
entre o Servizo Galego de Saúde da Xunta
de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra
e o concello de Pontevedra, para a
execución de obras de ampliación do Hospital
Provincial Montecelo.
- Apróbase o proxecto de “Reinversión da
baixa da obra de campo de fútbol en Arbo”.
- Apróbase o expediente de contratación, por
procedemento aberto, mediante concurso,
de “Diversas obras a executar mediante
convenio co concello de Vigo”.
- Apróbase o expediente de contratación, por
procedemento aberto, mediante concurso,
trámite de urxencia, de diversas obras.
- Autorízase o concello de Silleda para levar a
cabo polo sistema de administración as obras
nº 12, 17, 59 e 60, incluídas no PPC/2005.
- Apróbase o convenio de colaboración entre
a Excma. Deputación de Pontevedra e a
Universidade de Vigo-Universidade Internacional
Menéndez Pelayo.
- Concédense prórrogas de tres bolsas de investigación.
- Concédese curso a un funcionario.
- Rogos e preguntas: Non se formularon.
| | | | |