|
Xunta de Goberno do 06/05/2005
Extracto de acordos adoptados pola Xunta de Goberno
da Excma. Deputación Provincial en sesión
celebrada o día 6 de maio de 2005.
- Apróbase o borrador da acta da anterior sesión,
ordinaria, do 29 de abril de 2005.
- Acórdase a devolución de garantías definitivas.
- Acórdase o recoñecemento de obrigas.
- Concédese subvención para a obra “Abastecemento,
saneamento e pavimentación na estrada
de río”, do concello de Rodeiro, con
cargo o PAM/2005 (Convenio).
- Concédese subvención para a obra “beirarrúas
Souto de Vea”, do concello da Estrada,
con cargo o PAM/2005 (Convenio).
- Préstase conformidade a informe técnico en
relación coas estradas provinciais sobre proxecto
de modificación puntual nº 6 da revisión
do PXOM das Neves-Núcleo rural de
A Carrasqueira, do concello das Neves.
- Comunicacións: Non houbo.
Fóra da orde do día
- Ratifícase o acordo para creación do foro
permanente de Cidades Dixitais.
- Modifícase o convenio de colaboración entre
a Consellería de Medio Ambiente da Comunidade
Autónoma de Galicia e a Excma. Deputación
Provincial de Pontevedra para a determinación
das especies que xeran pragas e
enfermidades forestais e a realización de
análises de solos e foliares, para a captura en
campo e a realización de probas de laboratorio
a fin de verificar a virulencia das cepas
de cancro de castaño captadas.
- Apróbase o contrato de colaboración entre a
Excma. Deputación Provincial de Pontevedra
e AFRICOR (Pontevedra).
- Adxudícase o concurso para contratación do
subininistro de Gasóleo “A” para abastecer
os vehículos e máquinas do Parque de Maquinaria
no ano 2005.
- Apróbase o proxecto modificado nº 1 de ensanche
EP 5102 Lamosa-Franqueira-Achas
(Covelo).
- Apróbase o expediente de contratación, por
procedemento aberto, mediante concurso, de
diversas obras.
- Apróbase o expediente de contratación, por
procedemento aberto, mediante concurso,
trámite de urxencia, da obra de remodelación
total do terreo de xogo do campo municipal
da Lomba (Vilagarcía).
- Acórdase rectificar erro padecido no acordo
da Xunta de Goberno nº 4.12945, de data 15
de abril de 2005.
- Concédese subvención para a obra “Saneamento
rúa Concepción Arenal”, do concello
da Guarda, con cargo o PAM/2005 (Convenio).
- Préstase conformidade a informe técnico en
relación co proxecto de ordenanza municipal
sobre captación e aproveitamento da enerxía
solar para usos térmicos en edificios e instalacións
no termo municipal de Vigo.
- Rogos e preguntas: Non se formularon.—
| | | | |