|
Xunta de Goberno do 20/07/2012
EXTRACTOS DE ACORDOS ADOPTADOS POLA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL EN SESIÓN, ORDINARIA, CELEBRADA O DÍA 20 DE XULLO DE 2012.
ASISTENTES:
- Presidencia:D. Rafael Louzán Abal.
- Deputados:D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson C. Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña.
- Secretaria Acctal:Mª. Jesús Torres Peón.
- Interventor:Antonio Graña Gómez.
Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia a Xunta de Goberno adopta por unanimidade os seguintes acordos:
- Apróbase o borrador da acta da sesión ordinaria do día 13 de xullo do ano 2012.
- Acórdase a concesión de subvención do Programa Diúrno de Balnearios 2012 – Segundo grupo.
- Acórdase o recoñecemento extraxudicial de varias obrigas.
- Acórdase a devolución dunha garantía definitiva.
- Apróbanse as bases para a concesión de axudas a Conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e de titularidade pública.
- Apróbanse as bases para a concesión de axudas a Escolas de Música públicas.
- Apróbanse as bases para a concesión de axudas a Escolas de Música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro.
- Apróbase o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión provincia de Pontevedra.
- Apróbase o convenio de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Deputación de Pontevedra, para a realización, durante o ano 2012, de accións formativas para o persoal ao servizo da Administración Local na provincia de Pontevedra
- Desestimase a reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por D. Noé Fernández Cal, por danos producidos en accidente de tráfico na E.P. 4306 Ponte do Val-Barciademera no Concello de O Covelo.
- Desestimase a reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por D. Manuel L. Silva Constenla en representación de REALE SEGUROS GENERALES, S.A., por danos en automóbil na estrada provincial 7102 Serrapio-A Portela no Concello de Cerdedo
- Dáse conta da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 433/2011, promovidos pola mercantil AMBULANCIAS DE PONTEAREAS, S.L. contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 4306 Ponte do Val-Barciademera (t.m. Covelo
- Dáse conta da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento ordinario núm. 144/2011, promovidos por D. Francisco de Asís Ramón Santamaría contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 3102 Tomiño-Sabarís.
- Dáse conta da sentenza do Xulgado de Instrución nº 2 de Pontevedra, ditada en autos de Xuízo Rápido de tráfico núm. 01116/2012 por danos en sinal de tráfico na glorieta de entrada ó Mosteiro de Lérez.
- Dáse conta da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 472/2011, promovidos por HELVETIA Compañía Suíza de Seguros e Reaseguros, S.A. e D. Manuel Antonio Salvador Carneiro contra o Concello de Pontevedra e esta Deputación, por danos en accidente de tráfico en zona próxima ó Estadio Municipal de Pasarón
- Dáse conta da sentenza do Xulgado de Instrución nº 5 de Vigo, ditada en autos de Xuizo de Faltas núm. 841/12, por rotura de sinal de peóns na rúa Coutada, en Beade (Vigo).
- Dáse conta da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 403/2011 promovidos por Dna. María Luisa Lorenzo Goldar, contra desestimación presunta de solicitude de convocatoria para provisión de praza vacante de Traballadora Social.
- Dáse conta da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 418/2011, promovidos por Dna. Estefanía Calviño Charlín en representación dos seus fillos menores J.D.C. e G.D.C., sobre reclamación de cantidade en concepto de xustiprezo.
- Dáse conta da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 501/2011, promovidos por D. Manuel Meis Rey contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en automóbil na estrada provincial 9205 Meaño-Sanxenxo..
- Dáse conta da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado nº 509/2011 promovidos por Mapfre Familiar e D. Juan Carlos Curro Gonçalves contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en automóbil, nos que é parte demandada o Concello de Cangas e codemandada esta Deputación Provincial.
- Dáse conta da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 428/2011, promovidos por Dna. Julia Mariño Barreiro contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 6004 Prado-Vilatuxe, como consecuencia da existencia de placa de xeo na calzada..
- Dáse conta da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento ordinario 2393/2010 promovidos por Dna. Josieli de Fátima Ferreira contra desestimación presunta de recurso de reposición formulada contra denegación de admisión en módulo do programa MOBILIA.
- Dáse conta da sentenza do Xulgado de 1ª Instancia nº 7 de Vigo ditada autos de procedemento ordinario núm. 271/2010 formulado por D. Jorge Barreiro Prieto sobre acción de deslinde e declarativa de dominio de finca sita na parroquia de Borreiros (Gondomar).
- Dáse conta da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado 290/2011 promovidos por ALLIANZ, S.A. contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 0018 Xeve-Amil-Espedregueira.
- Dáse conta do auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, dDáse conta itado en peza separada de suspensión/medidas cautelares núm. 116/2012/01, dimanante do procedemento abreviado núm. 116/2012, promovido por D. Bernardo Rodriguez Pereira sobre adscrición provisonal a posto de traballo na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”.
- Dáse conta do auto da Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, denegando a medida cautelar de suspensión solicitada por D. Marcos Martínez Domínguez nos autos de procedemento ordinario núm. 60/2012 contra desestimación presunta de recurso de reposición contra a Oferta de Emprego Público de 21/02/2011.
- Dáse conta do decreto da Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaído en recurso de apelación núm. 459/2011, promovidos polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia contra a sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en autos de procedemento ordinario núm. 216/2010, favorable á Deputación. .
- Dáse conta do oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra comunicando o arquivo das actuacións nos autos de recurso ordinario núm. 484/2010, promovidos por D. Antonio Caride Fernández contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico, declarando a firmeza por transcurso do prazo do auto de suspensión de 14 de abril de 2011.
- Dáse conta do decreto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, ditado en autos de procedemento abreviado núm. 392/2011 promovidos por Dna. Ana María Feijóo Prado por danos en automóbil na estrada provincial 8004 Caldas-Noalla, aceptando o desistimento ó terse chegado a un acordo extraxudicial.
- Dáse conta do auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditado en autos de procedemento abreviado núm. 152/2011, promovidos por Dna. Mª Dolores Mon Sutil e outras contra vía de feito en relación con obras de polideportivo no Concello de Mos.
- Dáse conta do decreto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditado en autos de procedemento ordinario núm. 103/2012 promovidos por O Rodo Cooperativa Galega sobre reparto de axudas económicas ás cooperativas agrarias.
- Dáse conta do decreto da Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarando o arquivo nos autos de procedemento ordinario 60/2012, promovidos por D. Marcos Martínez Domínguez contra desestimación presunta de recurso de reposición contra a Oferta de Emprego Público de 21/02/2011, por desistimiento do demandante. .
- Dáse conta da resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pola que se declara a caducidade e arquivo de actuacións no expediente sancionador ref. S/36/0115/10 incoado contra esta Deputación por obras no Arroio Campo Redondo en Vilachán do Monte (t.m. Tomiño).
- Dáse conta da resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pola que se declara a caducidade e arquivo de actuacións no expediente sancionador ref. S/36/0116/10 incoado contra esta Deputación por obras no Arroio das Margaridas en Vilachán do Monte (t.m. Oia).
- Dáse conta da resolución do Servizo de Infraestruturas en Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se acorda o sobresemento e arquivo de dilixencias no expediente sancionador mº 094/12, incoado contra esta Deputación por realización de canalización sen autorización na estrada PO-255, Pontecaldelas-Petán p.k. 41+200.
- Comunicacións: Non houbo.
Fóra da orde do día:
- Apróbase o proxecto: reforzo de firme e mellora da seguridade viaria na estrada e.p. 8401 (concellos de Cuntis e A Estrada)
- Apróbase do expediente para a contratación por procedemento aberto da potenciación da imaxe dos produtos gastronómicos da comarca do Deza enmarcados no proxecto Depodeza cofinanciado nun 80% polo FEDER.
- Acórdase a adxudicación do contrato para a execución da obra: rehabilitación do Pavillón de Deportes de Romai (Portas)
- Apróbase a certificación 2-final da obra: renovación rodamento e sinalización na E.P. 8001 Caldas-Carracedo-Catoira (Caldas-Catoira).
- Acórdase o recoñecemento extraxudicial de obrigas e certificacións relativas a obras de Contratación.
- Rogos e preguntas: Non houbo.
| | | | |