|
Xunta de Goberno do 13/04/2012
Extractos de acordos adoptados pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial en sesión, ordinaria, celebrada o día 13 de abril de 2012
ASISTENTES:
- Presidencia: D. Rafael Louzán Abal.
- Deputados:D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez D. José Nelson C. Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña.
- Secretario: D. Carlos Cuadrado Romay.
- Interventor: Antonio Graña Gómez.
Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia a Xunta de Goberno adopta por unanimidade os seguintes acordos:
- Apróbase o borrador da acta da sesión ordinaria do día 30 de marzo do ano 2012.
- Retírase da orde do día expte. relativo á “Modificación do Convenio de adhesión da Deputación de Pontevedra respecto do programa de Teleasistencia Domiciliaria de 1998, e da porcentaxe da contribución económica desta Deputación ó mesmo no ano 2012”.
- Acórdase a devolución de varias garantías definitivas.
- Dáse conta de renuncia da Asociación Dúos Pontes do Concello de Pontevedra á subvención concedida para “Adquisición de vestiario”, aprobada ó seu favor na Xunta de Goberno de data 15/07/2011.
- Acórdase o recoñecemento extraxudicial de varias obrigas.
- Concédese préstamo sen interese a empregado público.
- Apróbanse as bases que regulan a convocatoria para a adxudicación de dúas bolsas de licenciado ou grao en historia, licenciado en documentación ou grao en información-documentación, para o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.
- Concédese prórroga de catro bolsas de licenciados en historia con destino ó Servizo de Patrimonio Documental Bibliográfico.
- Adxudícase unha bolsa de licenciado en ciencias biolóxicas, enxeñeiro de montes ou enxeñeiro agrónomo, con destino á Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
- Desestímase reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por D. Manuel Martínez Rodríguez por lesións en accidente de tráfico padecidas na E.P. 2203 Baredo a E.P. Baiona-Lourenza (Concello de Baiona).
- Estímase parcialmente de reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por D. Manuel Álvarez Casal por lesións como consecuencia de accidente de tráfico na E.P. 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Concello de Meaño).
- Comunicacións: Non houbo.
Fóra da orde do día:
- Apróbanse as bases reguladoras do programa “Saúde e benestar 2012”.
- Dáse conta de renuncia da U.V.C.D. Candeán do Concello de Vigo á subvención concedida para “Obras da 2ª fase da escola de música”, aprobada ó seu favor na Xunta de Goberno de data 15/07/2011.
- Inadmítese reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por D. José Manuel Domínguez Lino en representación de Bilbao, Compañía Anónima de Seguros e Reaseguros, S.A., D. Benito Carballude Gil e Dª. María Lourdes Iturburua Arrizabalaga, por lesións e danos en vehículo por accidente en (PO- 534) de Lalín (N-525) a Folgoso (N-541) (Concello de Silleda).
- Apróbase o expediente para a adxudicación da subministración de produtos alimenticios para a Cidade Infantil “Príncipe Felipe”.
- Apróbase o expediente para a contratación do programa deportivo “Únete á volta”.
- Apróbase a certificación nº final (fase 1ª) da obra: Ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do edificio Sarmiento.
- Apróbase a certificación nº 3: Acceso oeste a Montecelo 2ª fase, Porta do Sol- Avda. Médico Ballina (Pontevedra).
- Acórdase o recoñecemento extraxudicial de obrigas e certificacións.
- Apróbase a convocatoria e bases das axudas de estudos para o curso 2011/2012.
- Concédese prórroga dunha bolsa de licenciada en bioloxía, enxeñeiro agrónomo ou enxeñeiro forestal con destino á Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
- Concédese prórroga de dúas bolsas, unha de técnico superior en saúde ambiental ou técnico superior en laboratorio en diagnóstico clínico e outra de licenciado en ciencias biolóxicas, enxeñeiro de montes ou enxeñeiro agrónomo con destino á Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
- Acórdase o recoñecemento da obriga polo procedemento extraxudicial de crédito e declárase de aboo o pago da subvención concedida ó Concello de Vigo en virtude do convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra para o financiamento do investimento denominado “Cooperación económica en determinadas actuacións urbanas a realizar na Cidade de Vigo”.
- Rogos e preguntas: Non houbo.
| | | | |