[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 25 DE MAIO DE 2013 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Extractos da Xunta de Goberno

EXTRACTOS DA XUNTA DE GOBERNO 

Xunta de Goberno do 03/02/2012
Extractos de acordos adoptados pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial en sesión, ordinaria, celebrada o día 3 de febreiro de 2012
ASISTENTES:
  • Presidencia: D. Rafael Louzán Abal.
  • Deputados: D. José Crespo Iglesias, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson C. Santos Argibay e D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña.
  • Secretario: D. Carlos Cuadrado Romay.
  • Interventor: Antonio Graña Gómez.
Non asisten os deputados provinciais D. Jorge Domínguez Rosal e Dna. Begoña Estévez Bernárdez.
Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia a Xunta de Goberno adopta por unanimidade os seguintes acordos:
  1. Apróbase o borrador da acta da sesión ordinaria do día 27 de xaneiro do ano 2012.
  2. Desestímase reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por Dona María Isabel González Portela por danos persoais e materiais producidos na beirarrúa da E.P. 3401 Acceso ó Porto da Guarda, (Concello da Guarda).
  3. Desestímase reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por Dona Sandra Lorenzo López, por lesións coma consecuencia de accidente de tráfico pola da existencia dunha mancha de gasoil na E.P. 0601 Portosanto-Campelo-C-550 (Concello de Poio).
  4. Apróbase o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do Servizo de vixilancia da saúde e recoñecementos médicos do persoal da Deputación de Pontevedra e dos seus organismos autónomos.
  5. Acórdase a devolución de varias garantías definitivas.
  6. Concesión de subvención ó Concello da Estrada para a realización da obra nº 2012000023, denominada “Soterramento de servizos urbanos na praza de Oca”, incluída no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011.
  7. Comunicacións: Non houbo.
Fóra da orde do día:
  1. Apróbase o expediente de contratación da obra “Rehabilitación do pavillón de deportes de Romai (Portas)”.
  2. Acórdase o recoñecemento extraxudicial de varias obrigas.
  3. Apróbase a convocatoria dunha bolsa de licenciado en ciencias biolóxicas, enxeñeiro técnico superior de montes ou enxeñeiro técnico superior agrónomo, con destino á Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
  4. Concédese prórroga dunha bolsa de licenciado en ciencias químicas con destino á Finca Mouriscade.
  5. Concédese permiso e axuda económica para asistencia a curso a varios empregados.
  6. Corríxense erros no Acordo nº 5.19748, aprobado en Xunta de Goberno de data 13/01/2012, sobre concesión de subvención ó Concello de Cotobade para a realización da obra nº 2012000010, denominada “Mellora de vías e servizos do Concello de Cotobade”, incluída no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011.
  7. Rogos e preguntas: Non houbo.
Boletín Oficial da Provincia:
data 13/02/2012, número 30, páxina 10, anuncio 2012001295.

2013
2012
    □ 28 de decembro
    □ 21 de decembro
    □ 14 de decembro
    □ 05 de decembro
    □ 30 de novembro
    □ 23 de novembro
    □ 16 de novembro
    □ 09 de novembro
    □ 31 de outubro
    □ 26 de outubro
    □ 19 de outubro
    □ 11 de outubro
    □ 05 de outubro
    □ 28 de setembro
    □ 21 de setembro
    □ 14 de setembro
    □ 07 de setembro
    □ 31 de agosto
    □ 10 de agosto
    □ 03 de agosto
    □ 27 de xullo
    □ 20 de xullo
    □ 13 de xullo
    □ 06 de xullo
    □ 29 de xuño
    □ 22 de xuño
    □ 15 de xuño
    □ 08 de xuño
    □ 01 de xuño
    □ 25 de maio
    □ 18 de maio
    □ 11 de maio
    □ 04 de maio
    □ 27 de abril
    □ 20 de abril
    □ 13 de abril
    □ 30 de marzo
    □ 23 de marzo
    □ 16 de marzo
    □ 09 de marzo
    □ 02 de marzo
    □ 24 de febreiro
    □ 17 de febreiro
    □ 10 de febreiro
    □ 03 de febreiro
    □ 27 de xaneiro
    □ 23 de xaneiro
    □ 13 de xaneiro
2011
2010
2009
2008
2007
2006
2005

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 25/05/2013 03:59
Copyright © 2002-2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/