|
Xunta de Goberno do 20/02/2008
EXTRACTOS DE ACORDOS ADOPTADOS POLA
XUNTA DE GOBERNO DA EXCMA. DEPUTACIÓN
PROVINCIAL EN SESIÓN CELEBRADA O
DÍA 20 DE FEBREIRO DE 2008.
- Queda pendente de aprobación o borrador da
acta da anterior sesión ordinaria do día 13 de
febreiro do ano 2008.
- Concédese prórroga respecto á subvención
para arranxo de vivenda aprobada pola
Xunta de Goberno do 18/07/07, a favor de
veciña do concello de Cuntis.
- Adxudícase o concurso para o subministro,
instalación e posta en marcha dunha infraestrutura
informática corporativa para a Deputación
de Pontevedra.
- Acórdase a devolución de garantías definitivas.
- Comunicacións: non houbo.
Fóra da orde do día
- Apróbanse as bases reguladoras do Programa
de Acción Comunitaria (PAC), para o exercicio
2008.
- Apróbanse as bases reguladoras do Programa
de Acción Municipal, sección actividades
(PAM), para o exercicio 2008.
- Concédese permiso e axuda económica para
asistencia a cursos a varios empregados.
- Apróbase o cambio de aplicación solicitado
polo Concello de Cerdedo da obra incluída
no PSA/2006-08, anualidade 2008 nº. 4/853
“Construción depósito regulador de augas en
Loureiro” aprobada na Xunta de Goberno de
21/04/06, para a obra 105/1122 “Mellora do
subministro e acometida de auga domiciliaria
en Cerdedo núcleo”.
- Apróbase o cambio de aplicación e financiamento
solicitado polo Concello de Moaña das
obras incluídas no PSA/2006-08, anualidades
2007-2008 aprobada en Xunta de Goberno de
21/04/06.
- Modifícase o orzamento da obra “Saneamento
en San Martín” do Concello de O Grove,
incluída no PSA/2006-08, anualidade 2008,
aprobada na Xunta de Goberno de 14 de
xullo de 2006 e modificado o orzamento en
Xunta de Goberno de 28 de novembro de
2007.
- Apróbase a achega desta Excma. Deputación
Provincial para gastos de funcionamento do
terceiro trimestre do exercicio 2007 do consorcio
para o Servizo Contra Incendios e Salvamento
da Comarca do Morrazo.
- Adxudícase a obra comprendida no proxecto
modificado “Ensanche e mellora da Estrada
PO-400 estación de As Neves”.
- Adxudícase a obra comprendida no proxecto
modificado “E.P.1306 Portela-Ermelo
(Bueu)”.
- Apróbase o proxecto modificado da obra
“Dotación de servizos e mellora pavimento
EP Calvario-A Garrida. Lugar da Sobreira
(Vigo).
- Apróbase o proxecto modificado de “Mellora
seguridade vial E.P. 4006 Ponteareas-As
Neves (Ponteareas)”.
- Apróbase o expediente de contratación mediante
concurso, procedemento aberto, para
o subministro de gasóleo “A” con destino ó
abastecemento das máquinas e vehículos do
Parque de Maquinaria durante o ano 2008.
- Corríxense erros no acordo 2.15634 da Xunta
de Goberno de 5 de decembro de 2007.
- Corríxense erros no acordo 32.15743 da
Xunta de Goberno de 26 de decembro de
2007.
- Corríxense erros no acordo 33.15744 da
Xunta de Goberno de 26 de decembro de
2007.
- Corríxense erros no acordo 2.15782 da Xunta
de Goberno de 16 de xaneiro de 2008.
- Rogos e Preguntas: Non se formularon.—
| | | | |