|
Xunta de Goberno do 03/03/2006
Extractos de acordos adoptados pola Xunta de Goberno
da Excma. Deputación Provincial en sesión
celebrada o día 3 de marzo de 2006.
- Apróbase o borrador da acta da anterior sesión
ordinaria do día 24 de febreiro de 2006.
- Apróbase á achega desta Excma. Deputación
Provincial ó orzamento do Consorcio
para o servizo contraincendios e salvamento
das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de
Montes, correspondente ó primeiro trimestre
do ano 2006.
- Retírase da orde do día expediente relativo á
solicitude do Consorcio para o servizo contraincendios
e salvamento da comarca do
Morrazo, relativa á achega desta Excma. Deputación
Provincial ó orzamento do citado
consorcio.
- Desestímase reclamación de responsabilidade
patrimonial formulada por don Claudio
Amoedo Sotelino por danos en vehículo na
rúa Ceboleira, nº 58 de Vigo.
- Retírase da orde do día expediente relativo á
reclamación de responsabilidade patrimonial
formulada por don Alberto Méndez Abal por
danos en Finca da súa propiedade sita no
lugar de Güimil (Barro) como consecuencia
das obras de ensanche e mellora da EP Portela-
Valiñas.
- Desestímase reclamación de responsabilidade
patrimonial formulada por don Manuel
Lorenzo Miranda por danos en vehículo na
estrada Estacas -Fornelos (Fornelos).
- Comunicacións: Non houbo.
Fóra da orde do día
- Adxudícase o concurso para a contratación do
alugamento e deseño dun autobús publicitario
para a promoción dos proxectos europeos.
- Corríxese erro padecido no acordo número
5.13709 da Xunta de Goberno de 10 de febreiro
de 2006.
- Concédese permiso e axuda económica para
asistir a curso a un empregado.
- Acórdase o recoñecemento extraxudicial de
obrigas.
- Rogos e preguntas: Non se formularon.
|