[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]


EXTRACTOS DO PLENO 

Pleno ordinario do 29/06/2012
Extractos de acordos adoptados polo Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra en sesión ordinaria, celebrada o día 29 de xuño do ano 2012
Asistentes (27):
  • Presidente: D. Rafael Louzán Abal (PP).
  • Deputados/as: Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), (15 PP, 6 PSdeG-PSOE, 4 BNG).
  • Secretario: Don Carlos Cuadrado Romay.
  • Interventor: Don Antonio Graña Gómez.
  1. Parte resolutiva:
    1. Aprobase por unanimidade a adhesión do Concello de Vilanova de Arousa ao convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL).
    2. Aprobase por unanimidade a delegación de competencias do Concello de Caldas de Reis a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de depuración de augas residuais.
    3. Acordase por maioría, cos votos a favor do PP e o do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, a aprobación inicial do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada provincial E.P. 2004 Beade-Carneiras (Vigo). Exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Goberno de Galicia da declaración de urxente ocupación. Motivación da urxencia.
    4. Acordase por maioría, cos votos a favor do PP, en contra do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, a aprobación definitiva da Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, que inclúe a dos seus organismos autónomos, correspondente ao exercicio 2011.
    5. Aprobase por maioría, cos votos a favor do PP e o do BNG e coas abstencións do PSdeG- PSOE, o Plan económico financeiro que permita o cumprimento do obxectivo da estabilidade orzamentaria no prazo dun ano.
    6. Aprobase por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, o acordo inicial de disolución do organismo autónomo local “Escola de Canteiros de Pontevedra” e derrogación dos seus estatutos.
    7. Aprobase por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, o acordo inicial de disolución do organismo autónomo local “Instituto para a promoción e equipamento do solo industrial da provincia de Pontevedra (IPESPO)” e derrogación dos seus estatutos.
    8. Aprobase por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, o acordo inicial de disolución do organismo autónomo local de xestión de recursos locais (ORAL) e derrogación dos seus estatutos.
    9. Aprobase por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, o acordo inicial de disolución do organismo autónomo local “Caixa de Anticipos de Cooperación” e derrogación dos seus estatutos.
    10. Aprobase por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, o acordo inicial de disolución do organismo autónomo local “Museo Provincial de Pontevedra” e derrogación dos seus estatutos.
    11. Aprobase por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, o acordo inicial de disolución do organismo autónomo local “Turismo Rías Baixas” e derrogación dos seus estatutos.
    12. Aprobase por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, o acordo inicial de disolución do Consello Reitor do “Centro Provincial de Asesoramento Municipal (CPAM)” e derrogación do seu Regulamento.
    13. Aprobase por maioría cos votos a favor do PP e as abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, á moción da Presidencia sobre o nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados.
    14. Aprobase por unanimidade a moción do Grupo Provincial do PPdeG para mostrar o apoio da solicitude á Unesco da declaración como patrimonio da humanidade dos lugares colombinos de España: Santa Fé; Palos de la Frontera e Baiona a Real.
    15. Asuntos fóra da orde do día.
      1. Aprobase por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e BNG a resolución de reclamación e aprobación definitiva do orzamento provincial da Deputación Provincial e os seus Organismos Autónomos para o exercicio 2012.
  2. Parte de información e control:
    1. Dar conta das Resolucións Presidenciais seguintes:
      1. De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 5 e 25 de xuño do ano 2012 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos.
      2. De Resolución Presidencial de data 8 de xuño de 2012, delegando as atribucións da Presidencia durante os días 11 ó 14 e xuño, ambos inclusive, no Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila.
    2. Rogos e preguntas: Formúlanse varios por distintos Sres./Sras. Deputados/as.
Boletín Oficial da Provincia:
data 12/07/2012, número 134, páxina 12, anuncio 2012006746.

2013
2012
    □ 28 de decembro
    □ 05 de decembro-ex
    □ 26 de outubro
    □ 28 de setembro
    □ 17 de setembro-ex
    □ 07 de setembro-ex
    □ 27 de xullo
    □ 29 de xuño
    □ 08 de xuño-ex
    □ 27 de abril
    □ 30 de marzo
    □ 24 de febreiro
    □ 27 de xaneiro
2011
2010
2009
2008
2007
2006
2005

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/05/2013 23:46
Copyright © 2002-2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/