|
Pleno ordinario do 24/02/2012
EXTRACTOS DE ACORDOS ADOPTADOS POLO PLENO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA EN SESIÓN ORDINARIA, CELEBRADA O DÍA 24 DE FEBREIRO DO ANO 2012
Asistentes (25):
- Presidente: D. Rafael Louzán Abal (PP).
- Deputados/as: Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez
(PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don uxío Benítez fernández (BNG), Don José Antonio
Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona
Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela fernández Salgado (BNG), Don José Manuel figueroa Vila
(PP), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos
(PP), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José
Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz
(PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don
Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don francisco Andrés Veiga Soto
(PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG) (16 PP, 6 PSdeG-PSOE, 4 BNG).
- Non asisten: Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE) e D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
(BNG),
- Secretario: D. Carlos Cuadrado Romay.
- Interventor: D. Antonio Graña Gómez.
Adóptanse en relación coa orde do día os seguintes acordos:
- Apróbase por unanimidade a acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de decembro de 2011.
- Parte resolutiva:
- Apróbase por unanimidade a ampliación da delegación do concello de Ribadumia das facultades
de xestión e inspección da taxa por abastecemento de auga.
- Apróbase por unanimidade a delegación do concello de Ribadumia das facultades de xestión e
inspección da taxa por recollida de lixo.
- Apróbase por unanimidade a delegación do concello de Ribadumia das facultades de xestión,
inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
- Apróbase por unanimidade a delegación do concello de Mondariz das facultades de xestión,
liquidación, inspección e recadación da taxa por traslado, tratamento e eliminación de residuos.
- Apróbase por unanimidade a delegación do concello de Catoira das facultades de inspección
da liquidación provisional da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais,
a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que
resulten de interese xeral (taxa 1,5%).
- Apróbase por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, a
disolución do Consorcio contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés e integración no Consorcio
provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento.
- Apróbase por unanimidade o cambio de titularidade e posterior entrega ó concello de Catoira
da estrada provincial EP-8704 Catoira-Estación (Catoira).
- Apróbase por unanimidade o cambio de titularidade e posterior entrega ó concello de Sanxenxo
dun tramo da estrada provincial EP-9201 Sanxenxo-Bordóns-Estrada Samieira (Sanxenxo).
- Por maioría de votos do PP en contra da Moción e cos votos a favor da mesma do PSdeG-PSOE
e do BNG, acórdase rexeitar a Moción do grupo provincial do PSdeG-PSOE relativa á conxelación das
tarifas do prezo público polos servizos que se prestan na Escola Infantil “Príncipe felipe”.
- Asuntos fóra da orde do día: Non houbo.
- Parte de información e control:
- Dáse conta das Resolucións Presidenciais seguintes:
- De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 24 de xaneiro
e 20 de febreiro do ano 2012.
- Rogos e preguntas: formúlanse varios por distintos Sres./Sras. Deputados/as.
| | | | |