|
Pleno ordinario do 25/04/2008
Extractos de acordos adoptados polo Pleno da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en sesión ordinaria celebrada o día 25 de abril do ano 2008.
- Apróbase o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria do día 28 de marzo de 2008.
- Apróbase a delegación de competencias do Concello de Tomiño a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional e liquidación e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por expedición de licenzas urbanísticas.
- Apróbase a delegación de competencias do concello de Oia a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana e das facultades de liquidación e recadación da taxa por sumidoiros.
- Apróbase a modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”.
- Apróbase expediente de modificación de créditos número 1/2008.
- Apróbase Moción conxunta dos tres grupos provinciais sobre a construción dunha autovía entre Pontevedra e Lugo, por Cerdedo, Lalín, Monterroso e Guntín.
- Apróbase Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre posibles transferencias de estradas provinciais.
- Rexéitase Moción do Grupo Provincial Socialista sobre apoio ó IES A Sangriña de A Guarda na organización do “II Certame de Poesía Xela Arias”.
- Comunicacións: Queda enterado o Pleno das seguintes:
- De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 24 de marzo e o 21 de abril de 2008.
- De acuse de recibo do Ministerio da Presidencia en relación con traslado de acordos de mocións aprobadas en sesión plenaria de data 29 de febreiro de 2008.
- De acuse de recibo da Delegada Especial do Goberno contra a Violencia sobre a Muller pertencente á Secretaría Xeral de Políticas de Igualdade do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, en relación con traslado de acordo de moción aprobada en sesión plenaria de data 29 de febreiro de 2008, relativa á conmemoración do Día Internacional da Muller.
Fóra da orde do día
- Apróbase Moción do Grupo Provincial do Partido Popular relativa á petición de derogación do Decreto das Normas do Hábitat.
- Rogos e preguntas: Formúlanse varios por distintos Sres. Deputados Provinciais.
| | | | |