[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 26 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Centro Provincial de Asesoramento Municipal » Cursos de formación

Páxina [1] 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14
CENTRO PROVINCIAL DE ASESORAMENTO MUNICIPAL 

PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA DE FUNCIONARIOS MUNICIPAIS 2012 CONVENIO FEGAMP-DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


A Deputación Provincial, a través do Servizo de Asistencia Intermunicipal, en colaboración coa FEGAMP e dentro do Plan de Formación Continua do Persoal ao Servizo da Administración Local, organiza cursos de formación que deberán rematar antes do 31-12-2012.

A data de remisión da solicitude será un dos criterios aplicables para a admisión no curso, cousa que obedecerá ao número de prazas dispoñibles, que será limitado.

En atención á colaboración económica prestada pola FEGAMP os cursos serán gratuítos para os Concellos e/ou os asistentes.

Poderán solicitalo indistintamente persoal funcionario, laboral fixo, interino, laboral temporal ou de emprego, sendo elixido por esta orde, se pola limitación de prazas fose necesario.

As solicitudes faranse polos interesados no modelo de solicitude correspondente e se remitirá a este Servizo por correo ordinario, se ben pode adiantarse por E-mail ou por fax, sendo a súa data e hora de chegada a que se considerará no seu caso como preferencia.

Tan pronto como sexa posible, comunicaráse aos interesados a admisión ao curso e a data en que deben asistir, anticipándoo por teléfono cando sexa necesario. Para calquera aclaración sobre este tema chamar ao Servizo de Asistencia Intermunicipal, SAIM: Tf. 886.210355 - FAX nº 886.21.03.56 – saim@depo.es.

Os cursillos a realizar son os seguintes:



Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/09/2012 09:45
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/