[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 15 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

BASES DA CONVOCATORIA DE UNHA BOLSA DE LICENCIADO UNIVERSITARIO OU GRADUADO PARA O SERVIZO DE COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Bases | Formulario de solicitude
Declaración xurada (acreditación de non estar incapacitado)
Declaración xurada (renuncia a actividade remunerada)
Lista de admitidos e excluídos
Resultado da entrevista

De conformidade coa proposta da xefa de Comunicación Institucional e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, a Deputación Provincial de Pontevedra convoca DUNHA BOLSA DE LICENCIADO UNIVERSITARIO OU GRADUADO, consonte as seguintes

BASES

PRIMEIRA. OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que hai que seguir para a concesión DUNHA BOLSA DE LICENCIADO UNIVERSITARIO OU GRADUADO, para realizar traballos de colaboración nas áreas de comunicación, publicidade, protocolo, diseño gráfico e maquetación.

SEGUNDA. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarias desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de licenciado ou grao en Comunicación, Publicidade e Relacións Públicas, Protocolo ou Diseño gráfico, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
  5. Non ter sido beneficiario dunha bolsa na Deputación de Pontevedra nin nos seus organismos autónomos.

TERCEIRA. DOTACIÓN ECONÓMICA
Esta bolsa figura cunha dotación económica de 1.000 €/mes por beneficiario, cantidade que se imputará á aplicación 924.924.481.01 do orzamento provincial. O pagamento da bolsa realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción, proporcional ó tempo que dure a bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data que non coincida co mes natural. A remuneración por esta bolsa será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir do momento que sexa concedido.

CUARTA. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da institución provincial no prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Coa instancia achegarase a documentación seguinte:

  1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo da titulación esixida ou en condicións de obtela na data na que finalice o prazo para presentar as solicitudes.
  3. Certificado do expediente academico no que conste a nota media para su valoración na fase de concurso.
  4. Declaración xurada na que o solicitante se compromete a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa.
  5. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.

Para presentar as instancias os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula.

QUINTA. COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha comisión de selección, integrada polos membros seguintes:

  • Presidente: o da Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais: Un deputado provincial ou persoa en quen delegue, a xefa de Comunicación Institucional ou persoa en quen delegue e un funcionario técnico superior pertencente á Deputación de Pontevedra.
  • Secretario: o da Deputación de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

SEXTA. SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos académicos acreditados polos interesados e unha entrevista persoal:

  • BAREMO DE MÉRITOS: Expediente académico: ata un máximo de 2,00 puntos. No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R. d. 1497/87, modificado polo R. d. 1267/94 ou R. d. 1125/03, valorarase con 0,00 puntos.
  • ENTREVISTA PERSOAL: A comisión manterá con cada un dos aspirantes presentados unha entrevista persoal relacionada co obxecto da bolsa, na que poderá formular cantas preguntas considere oportunas sobre o traballo que se vai desenvolver, que será valorada de cero a tres (0,00 a 3,00) puntos.

Unha vez que remate o prazo de presentación de instancias os aspirantes serán convocados para realizaren a entrevista segundo a publicación da relación de admitidos na páxina web, no lugar, día e hora indicados.

Finalmente a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e proposta de adxudicación.

SÉTIMA. RESOLUCIÓN
A comisión seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno da Deputación a adxudicación desta bolsa ó aspirante que considere máis idóneo e que acadase a máxima puntuación, de acordo co especificado na cláusula sexta das bases. O acordo publicarase no taboleiro de edictos do pazo provincial e na páxina web da institución.

OITAVA. CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. A bolsa terá unha duración de seis meses, contados desde a data na que o adxudicatario comece o seu labor en Comunicación Institucional, e poderá ser prorrogada por un único período de seis meses, ata un máximo dun ano, unha vez emitido o informe favorable do responable do Servizo e o acordo da Xunta de Goberno.
  2. A bolsa será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza.
  3. O beneficiario da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e a disciplina do Servizo de Comunicación Institucional co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique ningunha relación de traballo laboral remunerado.
  4. Aceptar e facer uso desta bolsa non establece ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra, polo que non implica en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación do dito bolseiro a este organismo.

NOVENA. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
Os candidatos que non obteñan a bolsa ofertada poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo a Deputación resérvase o dereito a destruír a dita documentación.

DÉCIMA. INTERPRETACIÓN DAS BASES
A comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten, tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nestas bases.

UNDÉCIMA. DEREITOS SUPLETORIOS
A convocatoria da bolsa, a selección do bolseiro e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa suxeitaranse ó previsto nestas bases, na Lei xeral de subvencións e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.



Boletín Oficial da Provincia, data 09/10/12, número 194, páxina 7, anuncio 2012009349.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/02/2013 13:12
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/