|
Deputación de Pontevedra
XII Certame Provincial de bandas de Música
Aviso cambio de datas
Ante a convocatoria de eleccións á Xunta de Galicia, o Comité Organizador do XII Certame Provincial de Bandas de Música Deputación de Pontevedra vese na obriga de cambiar as datas previstas para a realización do mesmo e unha vez realizadas as xestións oportunas trasládase ó fin de semana seguinte (27 e 28 de outubro no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa) e polo tanto quedan establecidas do seguinte xeito:
Sábado, 27 de outubro de 2012
- Sección Segunda (en horario de tarde)
- Sección Terceira (en horario de tarde)
Domingo, 28 de outubro de 2012
- Sección Primeira (en horario de mañá)
- Sección Especial (en horario de tarde)
|