|
Deputación de Pontevedra
Premios Novos Valores de Artes Plásticas
O Presidente desta Deputación Provincial, mediante resolución presidencial número 6899 de data 5
de xuño de 2012, aprobou as seguintes bases:
BASES DOS PREMIOS “NOVOS VALORES” DE ARTES PLÁSTICAS 2012 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
A Deputación de Pontevedra ten un firme compromiso coas actividades culturais en xeral, e coas manifestacións artísticas en particular, e así o ven demostrando desde que no ano 1864 no que seconcedeu a primeira bolsa “Pensionados da Deputación de Pontevedra”, pola que pasaron os mellores artistas da nosa provincia e de Galicia. Este firme compromiso coa cultura e coas artes é un trazo característico e identificador da Deputación de Pontevedra e por iso é polo que ven a convocar os “Novos Valores” de Artes Plásticas que se rexerán polas seguintes
B A S E S
PRIMEIRA.— Poderán participar nestes premios, sen límite de idade, todos os artistas (pintores,
escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, ceramistas, videocreadores, etc.) naturais
ou residentes na provincia de Pontevedra, debendo, en último caso, acreditar documentalmente esa
circunstancia. Quedarán excluídos os artistas que xa fosen premiados pola Deputación de Pontevedra
nalgunha edición anterior deste ou doutro certame.
SEGUNDA.— As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose as que xa fosen expostas
noutras mostras, individuais ou colectivas, ou figurasen noutros concursos. Só se aceptará unha obra por
artista. O seu peso non será superior a 50 Kg e a súa máxima dimensión non superará os 1,50 m. As obras
presentaranse de forma que permitan a súa exposición directa, sen necesidade de manipulacións ou
posteriores instalacións complicadas. Os debuxos, cadros e fotografías irán sobre soporte ríxido e sen cristal.
No apartado de audiovisuais, admitiranse obras unicamente en soporte CD ou DVD, non podendo
exceder a duración da proxección de cinco minutos. A exhibición dos traballos seleccionados neste
ámbito farase mediante unha proxección continua de todas as obras desde un reprodutor de DVD a un
monitor. Se algún autor desexase outro tipo de proxección, deberá achegar, tanto para a selección do
xurado coma para a exhibición, os aparellos técnicos necesarios para poder efectuala, sempre adaptados
ao lugar no que a obra se presente.
TERCEIRA.— As obras deberán presentarse no Sexto edificio do Museo Provincial de Pontevedra
(Padre Amoedo s/n, Pontevedra 36002) ben persoalmente, ben a través dun medio de transporte que
garanta a súa entrega. Non obstante, a súa entrada física terá lugar pola rúa Sierra deste mesmo inmoble. O prazo de recollida será desde o día 20 ata o 28 de xuño, ambos inclusive, do ano en curso en horario de 09:00 e as 14:00 horas. Xunto coa obra, os artistas entregarán, nun sobre pechado, unha fotocopia do seu DNI/NIE, unha imaxe dixital en cor da obra con unha resolución suficiente e o boletín de inscrición con todos os campos debidamente cubertos. Este boletín poderá ser recollido tanto no Servizo de Cultura da Deputación Provincial como nas oficinas do Museo Provincial de Pontevedra. No momento da entrega, daráselles aos concursantes un recibo xustificativo cuxa presentación será imprescindible para a posterior retirada da obra.
CUARTA.— A Deputación de Pontevedra, como entidade organizadora dos premios, custodiará as
obras recibidas, pero non se fará responsable de calquera clase de sinistro que se puidese producir
durante o transporte, custodia, exposición e devolución das obras. A estes efectos, recoméndase que os
autores e/ou remitentes subscriban a correspondente póliza de seguro.
QUINTA.— Correrán por conta dos participantes os gastos de envío e devolución das obras, así como
a póliza de seguro, de ser o caso. A súa retirada, conforme aos prazos que se sinalan na base oitava,
deberá realizarse prioritariamente de maneira persoal previa presentación do xustificante. Se non se
fai así será responsabilidade dos interesados xestionar directamente a devolución.
SEXTA.— As obras presentadas aos presentes premios serán obxecto dunha primeira selección, coa
que se conformará a exposición, que estará aberta ao público no Sexto edificio do Museo Provincial de
Pontevedra durante un mes a contar desde a inauguración da exposición.
A Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de promover ulteriormente a exhibición destas obras
noutros lugares da Provincia, comprometéndose, se así fose finalmente, a comunicar esa circunstancia
aos artistas seleccionados coa antelación que considere oportuna.
SÉTIMA.— Todas as obras seleccionadas serán exhibidas na páxina web do Museo Provincial de
Pontevedra www.museo.depo.es como complemento da exposición. De ser así, corresponderalles aos
seus autores a xestión ou obtención dos permisos necesarios para esa inserción gráfica.
OITAVA.— As obras non seleccionadas deberan ser retiradas dentro dos cinco días seguintes ao da
difusión pública dos acordos do xurado. As obras seleccionadas, no caso de que non se plantexe a
itinerancia da mostra, deberán ser recollidas tamén polos seus autores dentro dos dez días seguintes ao
último no que estivesen expostas. En caso contrario, entenderase que renuncian á súa propiedade,
quedando a Deputación de Pontevedra facultada para tomar as decisións que sobre elas estime
oportunas.
NOVENA.— O xurado seleccionador será nomeado polo presidente da Deputación Provincial e a súa
composición será a seguinte:
- Presidente: O titular da Corporación provincial ou deputado no que delegue.
- Vogais:
- A deputada – presidenta da área de cultura.
- Cinco persoas de recoñecido prestixio.
- Un representante do Departamento de cultura da Deputación.
- Secretario: O titular da Deputación ou funcionario no que delegue.
DÉCIMA.— Este mesmo xurado será o encargado de propoñer, de entre as obras inicialmente
seleccionadas, os seguintes premios:
- 1er premio dotado coa cantidade de . . . . . . . . . . . . . 4.000 €.-
- 2º premio dotado coa cantidade de . . . . . . . . . . . . . . 3.000 €.-
- 3er premio dotado coa cantidade de . . . . . . . . . . . . . 2.000 €.-
O importe destes premios será imputado á aplicación orzamentaria 12/330.334.481.01 do vixente
orzamento provincial. O xurado resérvase a posibilidade de declarar desertos os premios se así o estimase
oportuno.
A entrega dos premios farase efectiva no transcurso dun acto público, no lugar e o día que no seu
momento se indicarán.
UNDÉCIMA.— As obras premiadas poderán pasar a formar parte do patrimonio artístico da
Deputación de Pontevedra, previa decisión do órgano competente, polo que esta institución resérvase o
dereito de propiedade sobre as mesmas.
DUODÉCIMA.— A participación nestes premios leva implícita a aceptación plena destas bases. As
decisións do xurado seleccionador serán inapelables, quedando facultado para interpretar e resolver as
dúbidas que se puidesen presentar no transcurso das súas deliberacións.
DECIMOTERCEIRA.— Para todo o non establecido nas presentes bases serán de aplicación as bases de execución do orzamento provincial e demais lexislación aplicable.
O que lle traslado para o seu coñecemento, cumprimento e demais efectos.
Pontevedra, 04 de xuño de 2012.
|