|
ORAL
CONVOCATORIA PÚBLICA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA LICENCIADOS EN
DEREITO, CIENCIAS ECONÓMICAS, EMPRESARIAIS OU TITULACIÓNS EQUIVALENTES E
CREACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA NO ORGANISMO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E
CATASTRAL
De conformidade coa proposta da Dirección, a Presidencia deste organismo convoca seis bolsas de
colaboración para Licenciados en Dereito, Ciencias económicas, empresariais ou titulacións
equivalentes, e a creación dunha lista de reserva por se fose precisa, en virtude das facultades que lle
confire a base 15.3 das aprobadas para a execución do orzamento deste organismo e segundo as
seguintes
BASES
PRIMEIRA.—OBXECTO
Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de seis bolsas de colaboración, en réxime de
concorrencia competitiva, para Licenciados en Dereito, Ciencias económicas, empresariais ou
titulacións equivalentes, e a creación dunha lista de reserva por se fose necesaria para novas
incorporacións durante o ano 2012, para a realización dun programa de formación nas oficinas do
ORAL (organismo Autónomo Provincial de Xestión de recursos Locais) da Deputación de Pontevedra,
así como a participación en proxectos de investigación e apoio ós técnicos deste organismo, tanto nas
oficinas centrais como nas periféricas.
SEGUNDA.—CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarios destas bolsas de colaboración aquelas persoas físicas que tendo capacidade
de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnen os
seguintes requirimentos:
- Ser español/a ou ter nacionalidade dun país membro da Unión europea e ser residente no
momento da convocatoria desta bolsa de colaboración. Preferiblemente valorarase á residencia
na provincia de Pontevedra.
- Estar en posesión do título de Licenciado en Dereito, Ciencias económicas, empresariais ou
titulacións equivalentes, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de
presentación de instancias. os títulos conseguidos no estranxeiro ou en centros españois non
estatais deberán ser validados ou recoñecidos, e deberase xustificar documentalmente que esa
validación ou recoñecemento está en trámite no momento de solicitar a bolsa.
- Non ter sido beneficiario dunha bolsa neste organismo.
- non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de
solicitudes
- Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o
cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
- Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario
sinaladas no apartado 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de subvencións.
TERCEIRA.—DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200 €/mes por beneficiario, que se imputarán á
aplicación 12/893.932.48102 do orzamento do ORAL. para o exercicio 2012. no caso de prórroga, a
autorización e disposición de gasto para o exercicio 2013 supeditarase á existencia de consignación no
respectivo orzamento.
O pagamento das bolsas ós beneficiarios realizarase a partires da data de incorporación do bolseiro
de colaboración, por mensualidades completas vencidas ou por fracción proporcional ó tempo traballado
dende o inicio da mesma, ou en todo caso á data de renuncia voluntaria do bolseiro de colaboración.
Cando por razón do servizo os bolseiros realicen desprazamentos fóra do centro habitual no que
realizan a súa formación, poderán solicitar o importe correspondente a ditos gastos, previa xustificación
documental dos mesmos e ata o límite legal establecido para os técnicos (grupo A) deste organismo.
CUARTA.—PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Presidente do ORAL. e
presentaranse no rexistro deste organismo de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00, sito na Avenida
de marín, 9, Pontevedra, podendo tamén presentarse nos lugares ós que fai referencia o artigo 38 da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento
Administrativo Común, cos datos que se detallan no artigo 70 da mesma lei, no prazo de 10 días naturais
dende a publicación das bases no Boletín oficial da provincia de Pontevedra. se o último día de
presentación das solicitudes coincidise en sábado ou festivo, prorrogaríase dito prazo ata o primeiro día
seguinte hábil.
Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes mencionados, o interesado
deberá xustificar a data e hora da imposición do envío remitindo a solicitude ó ORAL. mediante fax
ó nº 986.859.936 ou correo electrónico a “recursoshumanos.oral@depo.es” no mesmo día.
Xunto á instancia achegarase a seguinte documentación orixinal ou debidamente compulsada:
- Fotocopia do Documento nacional de identidade, ou calquera outro que o substitúa.
- Documento acreditativo de estar en posesión do título esixido para dita bolsa, ou en condicións
de obtelo na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
- Certificado do expediente académico, curriculum vitae e documentación acreditativa do
mesmo.
- Acreditación de cursos ou ciclos de especialización.
- Declaración xurada na que o solicitante se compromete a non exercer calquera outro tipo de
actividade remunerada durante o tempo de disfrute da bolsa, no caso de que fose seleccionado.
- tarxeta sanitaria da seguridade social.
- en canto á presentación das solicitudes, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula,
os solicitantes estarán sometidos ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, do 17 de
novembro, Xeral de subvencións, en todo aquilo que lle sexa de aplicación.
QUINTA.—COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de selección,
que estará integrada polos seguintes membros con voz e voto:
- Presidente: o Presidente do ORAL.
- Secretario: o Xefe do servizo Xurídico do ORAL., ou funcionario de carreira con titulación
superior en quen delegue.
- Vogais:
- o Director do ORAL, ou funcionario en quen delegue.
- o interventor do ORAL, ou funcionario en quen delegue.
- o secretario do ORAL, ou funcionario en quen delegue.
A Comisión reunirase dentro dos 15 días seguintes á data do remate da presentación de solicitudes.
SEXTA.—SELECCIÓN DOS BOLSEIROS
A selección dos bolseiros efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados
segundo o seguinte baremo:
- Méritos académicos:
- Expediente Académico: Ata un máximo de 2 puntos. no caso de expedientes académicos no
que non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no rD 1497/87,
modificado polo rD 1267/94 e rD 1125/03, valorarase con 0,00 puntos.
- Por cursos de especialización impartidos en Centros oficiais, Universidades, Colexios oficiais
ou escolas de Administración Pública relacionados coas materias de xestión tributaria; ata
un máximo de 2 puntos.
| DURACIÓN / HORAS | HORAS PUNTUACIÓN |
| 200 ou máis horas | 1 |
| De 100 a 200 horas | 0,75 |
| De 50 a 100 horas | 0,50 |
| De 30 a 50 horas | 0.25 |
- Cursos de perfeccionamento en procedemento administrativo impartidos en Centros oficiais,
Universidades, Colexios oficiais ou escolas de Administración Pública na mesma porcentaxe
que no apartado anterior, ata un máximo de 0.25 puntos
Unha vez valorados os méritos pola Comisión de selección, a lista de aspirantes admitidos xunto
coas valoracións definitivas correspondentes ós méritos académicos, será publicada no taboleiro de
anuncios do ORAL., así como na páxina web: www.depontevedra.es.
Tódolos aspirantes que sexan admitidos nesta convocatoria, serán convocados pola Comisión de
selección para a realización dun cuestionario no que se valorarán aspectos relacionados con dita bolsa
así como os coñecementos previos en materia tributaria e catastral. este cuestionario será valorado ata
un máximo de 2 puntos. Posteriormente os aspirantes con maior puntuación serán convocados a unha
entrevista persoal que será valorada ata un máximo de 1 punto.
SÉPTIMA.—RESOLUCIÓN
A Comisión de selección emitirá proposta de resolución nun prazo máximo dun mes a partires da
data da publicación desta convocatoria, podendo en calquera momento convocar ós solicitantes para
aclaracións que teñan relación coa documentación presentada en referencia ó seu curriculum vitae.
O Presidente do ORAL, á vista da proposta da Comisión de selección, adxudicará as bolsas ós seis
aspirantes que obteñan a maior puntuación no proceso de selección, e aqueles solicitantes que non fosen
adxudicatarios quedarán en fase de reserva, por orde de puntuación, en caso de que fosen necesarios
para futuros chamamentos. sen prexuízo de non adxudicar as bolsas cando no se presentaran suficientes
aspirantes ou os presentados no acaden os méritos que se estimen necesarios.
Este acordo será comunicado por escrito ós solicitantes das bolsas que foron seleccionados, e
publicarase no taboleiro de anuncios do ORAL. e na páxina web: www.depontevedra.es.
no caso de renuncia dalgún bolseiro, ou por razóns de servizo, poderán efectuarse novos
chamamentos dos aspirantes incluídos na lista de reserva, por orde de puntuación, previo informe de
intervención que certifique a existencia de crédito e unha resolución Presidencial ó efecto, todo iso, sen
prexuízo de tramitar, en calquera momento, unha nova Convocatoria Pública.
Non obstante, ademais do previsto para o caso de renuncia, no caso de que por necesidades do servizo
sexa necesaria a incorporación de novos bolseiros, poderán efectuarse novos chamamentos dos
aspirantes que formen parte desta lista de reserva, previo informe de intervención que certifique a
existencia de crédito e unha resolución Presidencial ó efecto, todo iso, sen prexuízo de tramitar, en
calquera momento, unha nova Convocatoria Pública.
OITAVA.—CONDICIÓNS XERAIS
- As bolsas terán unha duración de 6 meses a contar dende a incorporación dos bolseiros, que
poderá ser prorrogable por outros 6 meses máis ata completar o ano.
- A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada.
- O beneficiario da bolsa de colaboración comprometerase a cumprir o horario de traballo e a
disciplina do ORAL.
- A aceptación e goce de dita bolsa non establece ningún tipo de relación laboral nin funcionarial
co ORAL., non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior
incorporación ou vinculación posterior de dito bolseiro a este organismo.
- O ORAL. – Deputación de Pontevedra subscribirá unha póliza de accidentes para os
beneficiarios de ditas bolsas durante o período de colaboración do bolseiro.
- O bolseiro xustificará documentalmente o cumprimento de tódolos requisitos establecidos nas
bases da convocatoria.
- O bolseiro deberá desenvolver a actividade obxecto de colaboración cuns niveis de rendemento
satisfactorios, presentando os traballos e informes que determine a Dirección do organismo.
- O bolseiro presentará no ORAL. como máximo trinta días antes da finalización da bolsa de
colaboración, unha memoria explicativa das labores realizadas neste organismo, quedando
supeditado ó abono da última mensualidade a presentación da mesma.
- Ademais das obrigas mencionadas nos apartados anteriores, estarán suxeitos ós deberes que,
con carácter xeral, se establecen no artigo 14 da Lei Xeral de subvencións. Así mesmo, os
bolseiros estarán obrigados a facilitar canta información lles sexa requirida pola
Administración.
- No caso de renuncia dalgún bolseiro, sempre por causa xustificada, esta deberá ser comunicada
por escrito con antelación como mínimo de 15 días.
NOVENA.—INTERPRETACIÓN DAS BASES
tódalas dúbidas que puideran xurdir sobre a interpretación das bases serán resoltas pola Comisión
de selección, previos informes do secretario e interventor deste organismo.
DÉCIMA.—RÉXIME XURÍDICO
A convocatoria das bolsas e a selección dos bolseiros, así como a realización dos traballos que dan
dereito ás mesmas, suxeitaranse ó previsto nas presentes bases e no disposto na Lei 28/2003, do 17 de
novembro, Xeral de subvencións; na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime Xurídico das
Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; na Lei 4/1999, de 13 de xaneiro,
de modificación da Lei 30/1992; e demais lexislación aplicable.
Pontevedra, 9 de maio de 2012
O PRESIDENTE ilexible |
O SECRETARIO ilexible |
|