[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 15 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Perfil do contratante

Páxina [1] 2 3 4
PERFIL DO CONTRATANTE 

Deputación de Pontevedra

CONTRATACIÓN DE PRESTACION DE SERVIZOS ENERXÉTICOS E AFORRO CON EFICIENCIA ENERXÉTICA NA CIDADE INFANTIL PRINCIPE FELIPE

Anuncio | Calendario | Documento descriptivo | Programa funcional
Nota importante | Anuncio apertura sobre 2 | Adxudicación

A Xunta de Goberno, na sesión do 24 de febreiro de 2012, aprobou o expediente de contratación do dito anuncio, coas seguintes especificacións:

1.- Entidade adxudicadora

  1. Organismo: Deputación Provincial de Pontevedra
  2. Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio
  3. Obtención de documentación e información:
    1. Dependencia: Servizo de Contratación
    2. Enderezo: Avenida de Montero Ríos s/n
    3. Localidade e código postal: Pontevedra. 36071
    4. Teléfono: +34 986 804 101
    5. Telefax: +34 986 804 126
    6. Correo electrónico: contratacion@depo.es
    7. Enderezo de Internet do perfil do contratante: http://www.depontevedra.es

2.- Obxecto do contrato

  1. Tipo: Colaboración entre o sector publico e o privado
  2. Descrición: Execución dunha actuación global e integrada que supoña a mellora da eficiencia enerxética en edificios e instalacións así como a prestación de servizos enerxéticos na Cidade Infantil Príncipe Felipe, propiedade da Excelentísima Deputación de Pontevedra.
  3. Prazo de execución: un máximo de dez anos
  4. CPV: 45331000

3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación

  1. Tramitación: urxente
  2. Procedemento: Dialogo competitivo

4.- Orzamento base de licitación
Estímase un custo anual de facturación (P1) e mantemento (P2) de 353.325,62 (IVE incluído).

5.- Requisitos especificos do contratista
A solvencia economica-financieira, e técnica-profesional exisida no documento descritivo

6.- Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación

  1. Data límite de presentación: 24 de marzo de 2012.
  2. Modalidade de presentación: A sinalada no prego de condicións.
  3. Lugar de presentación:
    1. Dependencia: Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra (sedes de Pontevedra e Vigo).
    2. Domicilio: Avenida de Montero Ríos s/n (Pontevedra) e rúa Oporto, 3 (Vigo)
    3. Localidade e código postal: Pontevedra, 36071 e Vigo, 36201.
  4. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: Dous meses desde o acto de apertura das proposicións económicas.

7.- Gastos de publicidade
Serán por conta da empresa adxudicataria.

8.- Data de envío do anuncio ó Diario Oficial da Unión Europea
5 de marzo de 2012.

9.- Outras informacións
As especificadas no programa funcional e documento descritivo.

Pontevedra, 27 de febreiro de 2012
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 07/03/12, número 47, páxina 3, anuncio 2012002136.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 05/06/2013 13:36
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/